Impulsa o teu futuro laboral co novo curso “Ferramentas dixitais para a busca de emprego”

5Feb

Impulsa o teu futuro laboral co novo curso “Ferramentas dixitais para a busca de emprego”

 

Buscas emprego ou queres mellorar as túas opcións profesionais? Xa está dispoñible na Plataforma de Teleformación da Rede CeMIT a nova actividade formativa “Ferramentas dixitais para a busca de emprego”, un curso completo que che axudará a aproveitar todo o potencial de Internet e das ferramentas dixitais para acceder ao mercado laboral actual.

 

Que aprenderás neste curso?

Nesta formación adquirirás coñecementos e habilidades prácticas para realizar unha procura de emprego eficaz en liña. Aprenderás a:

  • Coñecer e xestionar portais de emprego como SEPE, Emprego Galicia, LinkedIn ou InfoJobs
  • Crear un currículo dixital adaptado ás demandas actuais.
  • Prepararte para entrevistas virtuais e comunicarte con profesionalidade.

 

Contidos do curso

O curso estrutúrase en cinco módulos:

  • Módulo I. Procura de emprego en Internet: o impacto da dixitalización, o teletraballo e a Intelixencia Artificial no emprego e o uso profesional das plataformas en liña.
  • Módulo II. Xestión da demanda de emprego e da formación: coñecemento de ferramentas públi-cas como SEPE, Emprego Galicia, Oficina Virtual de Emprego ou MOBEM.
  • Módulo III. Perfil profesional e ofertas de emprego: creación dunha identidade profesional dixital e xestión de oportunidades laborais.
  • Módulo IV. Creación do currículo dixital: coñecemento de estruturas, modelos xa existentes, fe-rramentas de edición e novas formas de presentación como o videocurrículo ou o currículo web.
  • Módulo V. Entrevistas de traballo virtuais: preparación, ferramentas necesarias e consellos para causar boa impresión.

 

Duración, idioma e persoas destinatarias

  • Duración: 35 horas.
  • Idioma: integramente en galego.
  • Dirixido a: calquera persoa interesada en mellorar a súa empregabilidade, sen requisitos previos.

Para obter o diploma que acredita que realizaches o curso deberás realizar o examen final de maneira presencial nalgunha das aulas CeMIT dispoñibles.

Anímate a participar e dá un paso máis cara ao teu futuro profesional! Se aínda non formas parte da Rede CeMIT, rexístrate aquí para poder acceder ao curso.

 Acceso directo ao curso: Curso: Ferramentas dixitais para a busca de emprego