Data e hora de realización do sorteo público de extracción do número aleatorio para establecer a orde de prelación - Curso teleformación ComDix (DOG num.77 23/04/2025)

En cumprimento do establecido na base Sexta.- Criterios de selección da Resolución do 10 de abril de 2025 (DOG nº 77, do 23 de abril), pola que se convoca un curso para a obtención da certificación galega en competencias dixitais (ComDix) no seu nivel de iniciación, na modalidade de teleformación titorizada, publícase o lugar e data de realización do sorteo público para establecer a orde de prelación na asignación das prazas dispoñibles:
Sorteo para establecer a orde de prelación das prazas:
DÍA: Martes, 06 de maio de 2025
HORA: 10:00 horas
LUGAR: Oficina CeMIT - Centro de Emprendemento de Galicia
Cidade da Cultura - Monte Gaiás s/n
15707- Santiago de Compostela
· Se elaborará unha listaxe tomando a data e a hora de rexistro no sistema das persoas participantes e asignarase o número un (1) ao primeiro solicitante e así sucesivamente ata o último rexistro.
· Realizarase un sorteo a través dunha aplicación informática que seleccionará aleatoriamente un único número de entre os que integran a listaxe de persoas solicitantes do punto anterior. Este número corresponderá ao día, hora e minuto concretos en que se realizou a preinscrición.
· As prazas adxudicaranse a partir da solicitude correspondente co número determinado no parágrafo anterior da listaxe previamente ordenada e continuarase, ata esgotar as prazas vacantes e reservadas, para aquelas solicitudes ás que correspondan os seguintes números segundo a orde ascendente da serie numérica.
· Para os efectos do número anterior, no caso de finalizar a lista sen cubrir o número total de prazas dispoñibles, continuarase desde o seu comezo.
· O resultado do sorteo, así como as listaxes provisionais de persoas admitidas provisionalmente para a súa matriculación e en listaxe de agarda, será publicado na páxina web da rede CeMIT para a súa consulta pública (http://cemit.xunta.gal)
