Data e hora de realización do sorteo público de extracción do número aleatorio para establecer a orde de prelación - Probas presenciais ComDix Intermedio - edición novembro/decembro 2025

En cumprimento do establecido na base Cuarta.- Criterios de selección da RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2025 (DOG nº 197, do 13 de outubro de 2025), pola que se convocan as probas para a obtención do certificado de competencias dixitais ComDix, no seu nivel Intermedio:
1. Para a cobertura inicial das prazas, no caso de que houbese máis solicitudes que prazas dispoñibles, terán preferencia os/as solicitantes que posúan o diploma de aproveitamento do curso (equivalente a 10 ECTS) de Competencias dixitais intermedias emitido pola Amtega.
2. Se existisen máis solicitudes que prazas en cada unha das localidades, as prazas dispoñibles distribuiranse entre as persoas preinscritas en tempo e forma. A orde de asignación será o resultado dun sorteo público, que se realizará unha vez finalizado o prazo de inscrición.
A continuación publícase o lugar e data de realización do sorteo público para establecer a orde de prelación na asignación das prazas dispoñibles para a realización das probas de certificación en cada localidade:
Sorteo para a edición das probas de novembro / decembro:
DÍA: Martes,28 de outubro
HORA: 09:00 horas
LUGAR: Oficina CeMIT - Centro de Emprendemento de Galicia
Cidade da Cultura - Monte Gaiás s/n
15707- Santiago de Compostela
· Se elaborará unha listaxe tomando a data e a hora de rexistro no sistema das persoas participantes e asignarase o número un (1) ao primeiro solicitante e así sucesivamente ata o último rexistro.
· Realizarase un sorteo a través dunha aplicación informática que seleccionará aleatoriamente un único número de entre os que integran a listaxe de persoas solicitantes do punto anterior. Este número corresponderá ao día, hora e minuto concretos en que se realizou a preinscrición.
· As prazas adxudicaranse a partir da solicitude correspondente co número determinado no parágrafo anterior da listaxe previamente ordenada e continuarase, ata esgotar as prazas vacantes e reservadas, para aquelas solicitudes ás que correspondan os seguintes números segundo a orde ascendente da serie numérica.
· Para os efectos do número anterior, no caso de finalizar a lista sen cubrir o número total de prazas dispoñibles, continuarase desde o seu comezo.
· O resultado do sorteo, así como as listaxes provisionais de persoas admitidas provisionalmente para a súa matriculación e en listaxe de agarda, será publicado na páxina web da rede CeMIT para a súa consulta pública (http://cemit.xunta.gal)
· As persoas que resulten seleccionadas provisionalmente recibirán un correo electrónico confirmatorio da súa selección e poderán comunicar a súa desistencia a participar na proba nun prazo de dez (10) días naturais desde a publicación da listaxe provisional. Esta renuncia deberá comunicarse por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xunta.es
