Enredando Tour Amtega

imaxe iniciativa Enredando Tour
4Xuñ

Enredando Tour Amtega

A Amtega e Cruz Vermella desenvolven un ano máis o programa Enredando Tour dirixido principalmente a persoas maiores de 55 anos e a través do cal se realizarán actividades de demostración de tecnoloxías innovadoras e presentes no día a día das persoas como son a realidade virtual, asistentes virtuais e intelixencia artificial; obradoiros cos que sensibilizar, informar e achegar a tecnoloxía á cidadanía en temas como a ciberseguridade e a banca dixital. O programa formativo completarase con apoio dixital puntual co obxectivo de resolver dúbidas que poida ter a cidadanía en relación ao eido dixital. 

O “Enredando Tour” percorrerá un total de 20 localidades, iniciando a súa ruta na provincia de Ourense con paradas en Vilar de Barrio (04 de xuño), Riós (11 de xuño), Vilardevós (12 de xuño), A Teixeira (16 de xuño) e Montederramo (16 de xuño). 

O percorrido de actividades chegará tamén ás provincias de A Coruña: Corcubión (23 de xuño), Val do Dubra (29 de xuño), Monfero (01 de xullo), Mazaricos (06 de xullo) e Zas (14 de xuulo). Na provincia de Pontevedra as visitas son: Barro (25 de xuño), Vilaboa (07 de xullo), Vigo – barrio de Coruxo (03 de xullo), Vilanova (15 de xuño) e Cangas (09 de xullo). Por outra banda, na provincia de Lugo está previsto que o tour realice paradas en: Lugo, O Valadouro, Rábade, Cervantes e Portomarín. Proximamente anunciaremos as datas concretas en cada unha delas. 

As persoas interesadas en participar poden chamar ao teléfono gratuíto 900 825 030 ou escribir un correo electrónico a galicia@cruzroja.es

Máis información na web de Enredando.