Finalización do programa “Ferramentas dixitais para a busca de emprego” na aula CeMIT de A Coruña

Cartel do curso
18Mai

Finalización do programa “Ferramentas dixitais para a busca de emprego” na aula CeMIT de A Coruña

A aula CeMIT de A Coruña acolleu durante 8 semanas unha formación centrada na mellora das competencias dixitais para a empregabilidade, no marco das All Digital Weeks 2026.

A mellora das competencias dixitais segue a ser clave para facilitar o acceso ao emprego. Neste contexto, a aula CeMIT de A Coruña desenvolveu o programa formativo Ferramentas dixitais para a busca de emprego, unha iniciativa orientada a dotar á cidadanía de ferramentas prácticas para afrontar con éxito a procura laboral.

Ao longo de 6 sesións presenciais, as persoas asistentes, de diversas procedencias e idades, traballaron de forma práctica e participativa aspectos fundamentais para a súa empregabilidade, combinando formación en aula con 35 horas de contidos en liña. O programa culminou coa realización dun exame que lles permite obter o certificado de aproveitamento dun curso de 47 horas.

Contidos das sesións

  • Sesión 1: Introdución ao programa, coñecemento da plataforma, autodiagnóstico, identificación de habilidades e definición do obxectivo profesional.
  • Sesión 2: Resolución de dúbidas, creación e configuración de ferramentas dixitais básicas e optimización de perfís profesionais.
  • Sesión 3: Busca e análise de ofertas de emprego e identificación de necesidades formativas.
  • Sesión 4: Actualización de perfís profesionais en rede, configuración de alertas e simulación de candidaturas.
  • Sesión 5: Elaboración de CV dixital e cartas de presentación con ferramentas como Canva e apoio da intelixencia artificial.
  • Sesión 6: Preparación e práctica de entrevistas de traballo, tanto presenciais como virtuais.

A metodoloxía empregada, baseada na práctica e na participación activa, permitiu que as persoas asistentes adquirisen competencias aplicables directamente á súa realidade profesional. Destacou especialmente o interese e a implicación das persoas participantes ao longo de todo o proceso formativo.

Esta actividade contribúe a reforzar o papel da Rede CeMIT como espazo de referencia na adquisición de competencias dixitais e na mellora da empregabilidade.

Ademais, o curso está dispoñible en modalidade 100% en liña a través da plataforma de teleformación da Rede CeMIT, permitindo realizalo con flexibilidade e ao ritmo de cada persoa. Máis información aquí.

Desde a Rede CeMIT seguimos impulsando accións que combinan tecnoloxía, formación e igualdade de oportunidades.

Persoas na clase facendo tarefas.
Alumnos e alumnas atendendo as explicacións