Formación en competencias dixitais para persoas desempregadas

Cartel da iniciativa.
11Nov

Formación en competencias dixitais para persoas desempregadas

Centro GaiásTech

Desde o 16 ata o 18 de novembro, as persoas desempregadas ou en procura de emprego, poderán participar nesta formación de 12 horas, na que se fará un taller en habilidades sociais orientadas á procura de emprego e haberá formación en competencias dixitais orientadas a mellorar a empregabilidade. 

Programa

  • Taller de habilidades sociais:
    • Que son as habilidades sociais?
    • As habilidades sociais: na procura de emprego.
    • A entrevista de traballo.
    • Consellos para afrontar a entrevista de maneira eficiente.
  • Formación en TICs:
    • Que son as TIC?
    • Competencias dixitais básicas:
      • Tratamento de textos (carta de presentación e curriculum)
      • Acceso a internet.
      • Manexo de mail.
      • Comunicación a distancia.
    • Internet como ferramenta para a procura de emprego: blogues e portais de emprego.
    • Ferramenta de deseño dixital: CANVA (curriculum)

Máis información na web do GaiásTech.