Listaxe DEFINITIVA de persoas admitidas - probas certificación ComDix - Iniciación (mes de Decembro)

12Nov

Listaxe DEFINITIVA de persoas admitidas - probas certificación ComDix - Iniciación (mes de Decembro)

 

 

Publicación da listaxe DEFINITIVA de PERSOAS ADMITIDAS para a realización das probas de certificación ComDix-Iniciación (Decembro)

En cumprimento do establecido na base Quinta.- Publicación da relación do persoal seleccionado  da RESOLUCIÓN do 06 de agosto de 2026 (DOG nº 165, do 1 de setembro), pola que se anuncian as convocatorias das probas de avaliación para a obtención do certificado galego de competencias dixitais (ComDix) na Rede CeMIT, PUBLÍCASE a listaxe definitiva de persoas admitidas para a realización destas probas de certificación:

As persoas que figuran nesta listaxe recibirán un correo electrónico confirmatorio da súa matriculación.

De acordo coa base Oitava.- Penalizacións de dita Resolución, no caso de non presentación ou renuncia a proba sen xustificación documental as persoas matriculadas serán penalizadas e non poderán inscribirse nunha nova proba nun prazo de doce meses.

As persoas con discapacidade legalmente recoñecida, poderán solicitar a adaptación do tempo ou dos medios necesarios para  a realización da proba. A dita adaptación deberá comunicarse cunha antelación mínima de cinco (5) días á data de realización da proba por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xunta.gal

Enlace as normas xerais da proba de certificación:  https://certificacion-competenciasdixitais.xunta.gal/gl/normas