Listaxe DEFINITIVA de persoas admitidas - probas certificación ComDix -Outubro

Listaxe definitivo Comdix Iniciación
15Out

Listaxe DEFINITIVA de persoas admitidas - probas certificación ComDix -Outubro

 

 

 

 

Publicación da listaxe DEFINITIVA de PERSOAS ADMITIDAS para a realización das probas de certificación ComDix-Iniciación (outubro)

En cumprimento do establecido na base Quinta.- Publicación da relación do persoal seleccionado  da Resolución do 27 de agosto de 2025  (DOG nº 174, do 10 de setembro), pola que se convocan as probas para a obtención do certificado de competencias dixitais ComDix - Iniciación, PUBLÍCASE a listaxe definitiva de persoas admitidas para a realización destas probas de certificación:

De acordo coa base Oitava.- Penalizacións de dita Resolución, no caso de non presentación ou renuncia a proba sen xustificación documental as persoas matriculadas serán penalizadas e non poderán inscribirse nunha nova proba nun prazo de doce meses.

As persoas con discapacidade legalmente recoñecida, poderán solicitar a adaptación do tempo ou dos medios necesarios para  a realización da proba. A dita adaptación deberá comunicarse cunha antelación mínima de cinco (5) días á data de realización da proba por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xunta.gal

Enlace as normas xerais da proba de certificación:  https://certificacion-competenciasdixitais.xunta.gal/gl/normas