Listaxes provisionais - probas certificación ComDix Iniciación - Febreiro 2026
Publicación das listaxes provisionais: Probas de certificación ComDix-Iniciación (febreiro - 2026)
En cumprimento do establecido na base Quinta.- Publicación da relación do persoal seleccionado da RESOLUCIÓN do 07 de xaneiro de 2026 (DOG nº 10, do 16 de xaneiro), pola que se anuncian as convocatorias das probas de avaliación para a obtención do certificado galego de competencias dixitais (ComDix) na Rede CeMIT, e unha vez aplicado o resultado do sorteo público que determina o día, hora e minuto concretos de preinscrición para a asignación das prazas dispoñibles en dita actividade, COMUNÍCASE o resultado da aplicación de dito sorteo entre as solicitudes recibidas:
Resultado de aplicación do sorteo para a probas de certificación (febreiro 2026):
- Listaxe de persoas admitidas provisionalmente e en agarda
- Listaxe de persoas excluídas por ter dúas ou mais solicitudes
- Listaxe de persoas penalizadas por non terse presentado en convocatorias anteriores
As prazas adxudicaronse a partir das solicitudes de inscrición realizadas dende o día 21 de xaneiro ás 12:30 horas da listaxe previamente ordenada e continuouse, ata esgotar as prazas vacantes e reservadas, para aquelas solicitudes ás que corresponderan os seguintes números segundo a orde ascendente da serie numérica.
Na listaxe figura na marxe dereita o día e hora de inscrición de cada participante para a súa comprobación.
As persoas seleccionadas provisionalmente recibirán un correo electrónico confirmatorio da súa selección e poderán comunicar o seu desestimento a participar na proba nun prazo de dez (10) días naturais desde a publicación da listaxe provisional (ata o luns 9 de febreiro incluido). Esta renuncia deberá comunicarse a fin de evitar futuras penalizacións por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xunta.es,utilizando o modelo que pode atopar neste link.
No caso de non rexeitala expresamente no citado prazo, entenderase que a persoa seleccionada acepta participar nas probas de certificación para as cales foi admitida provisionalmente, e será matriculada de oficio pola Amtega na localidade, día e hora para a que foi seleccionada, non tendo que realizar ningunha outra tramitación ata o día do exame.
No caso de existiren prazas libres por renuncias, chamarase da lista de espera ata cubrir todas as vacantes.
