Nomeamento da comisión de valoración dos Premios Axentes TIC da Rede CeMIT.

Copa gañador
15Xul

Nomeamento da comisión de valoración dos Premios Axentes TIC da Rede CeMIT.

Segundo a resolución do 28 de maio de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Axentes TIC da Rede CeMIT, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento AP401A), a comisión de valoración será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo 16, así como de propoñer a concesión ou denegación dos premios Axentes TIC da Rede CeMIT aos interesados.

A composición da comisión de valoración será a seguinte:

a) Presidente: persoa titular da dirección da Área de Sociedade Dixital ou persoa que a substitúa.

b) Dous vogais nomeados pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia de entre os seus membros.

c) Secretario: persoal funcionario da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

A presidencia da comisión de valoración corresponde a Miguel Rodríguez Quelle, director da Área de Sociedade Dixital.


Dilixencia de nomeamento


De conformidade co disposto no Artigo 15. Comisión de valoración, das bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Axentes TIC da Rede CeMIT, aprobadas por resolución do 28 de maio de 2025 (procedemento administrativo AP401A, DOG núm. 116 do 19 de xuño de 2025), nomeo como vogais da comisión de valoración a:

- Carlos Chedas Fernández, xefe do Departamento de Sociedade e Talento Dixital

- Javier Páez González, xefe do Departamento de Conectividade e Inclusión Dixital

Este nomeamento resulta de aplicación para a valoración das solicitudes presentadas ao abeiro da convocatoria para o ano 2025 dos premios Axentes TIC da Rede CeMIT segundo a resolución do 28 de maio de 2025 (DOG núm. 116 do 19 de xuño de 2025, procedemento administrativo AP401A).


En Santiago de Compostela.


O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Julián Cerviño Iglesia