Nomeamento da comisión de valoración dos Premios Axentes TIC da Rede CeMIT
Segundo a resolución do 21 de abril de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Axentes TIC da Rede CeMIT, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento AP401A), a comisión de valoración será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo 14, así como de propoñer a concesión ou denegación dos premios Axentes TIC da Rede CeMIT aos interesados.
A composición da comisión de valoración será a seguinte:
a) Presidente: persoa titular da dirección da Área de Sociedade Dixital ou persoa que a substitúa.
b) Dous vogais nomeados pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia de entre os seus membros.
c) Secretario: persoal funcionario da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
A presidencia da comisión de valoración corresponde a Miguel Rodríguez Quelle, director da Área de Sociedade Dixital.
Dilixencia de nomeamento
De conformidade co disposto no Artigo 13. Comisión de valoración, das bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Axentes TIC da Rede CeMIT, aprobadas por resolución do 21 de abril de 2026 (procedemento administrativo AP401A, DOG núm. 83 do 06 de maio de 2026), nomeo como vogais da comisión de valoración a:
- Carlos Chedas Fernández, xefe do Departamento de Sociedade e Talento Dixital
- Javier Páez González, xefe do Departamento de Conectividade e Inclusión Dixital
Este nomeamento resulta de aplicación para a valoración das solicitudes presentadas ao abeiro da convocatoria para o ano 2026 dos premios Axentes TIC da Rede CeMIT segundo a resolución do 21 de abril de 2026 (DOG núm. 83 do 06 de maio de 2026, procedemento administrativo AP401A).
En Santiago de Compostela.
O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Damián Rey Rodríguez