Nova convocatoria de probas de certificación ComDix-Intermedio

comdix
13Out

Nova convocatoria de probas de certificación ComDix-Intermedio

A AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA CONVOCA PRETO DE 2.500 PRAZAS PARA OBTER A CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS, NO SEU NIVEL INTERMEDIO

 

 

  • As inscricións poden realizarse desde o martes 14 de outubro ata o luns 27 de outubro incluído
  • As probas realizaranse os días 26, 27 e 28 de novembro e 3, 4 e 5 de decembro de forma presencial nas aulas CeMIT de 51 concellos de toda Galicia
  • Esta certificación acredita o nivel de competencia das persoas na utilización das tecnoloxías dixitais no eido persoal, social e profesional

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publica o luns 13 de outubro no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de  2.456 prazas de carácter libre para obter a Certificación galega en competencias dixitais no nivel Iniciación (ComDix Iniciación). As inscricións poden realizarse desde mañá e ata o vindeiro 27 de outubro incluído, a través da Rede CeMIT.

Esta convocatoria está aberta a toda a cidadanía e ten como finalidade acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para utilizar as tecnoloxías dixitais, tanto a nivel persoal como social ou profesional. As probas realizaranse os días 26, 27 e 28 de novembro e 3, 4 e 5 de decembro

Os lugares, datas e horarios pódense consultar na páxina web da rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal), na que figura o calendario das probas presenciais nas aulas CeMIT de 51 concellos de Galicia, e dende donde se poderán realizar todos os trámites relacionados con esta convocatoria, dende a inscrición ata a consulta de persoas admitidas.

Tras a finalización do prazo de inscrición, e logo da publicación do listado definitivo no caso de que existan prazas vacantes, abrirase un período extraordinario para a súa adxudicación mediante solicitude dos participantes que figuren nas listaxes de espera. 

Contidos online e avaliación
Na plataforma de teleformación da rede CeMIT pódense atopar en liña os contidos formativos para a preparación da proba, que abarcan as 5 áreas e as 21 competencias definidas no Marco Galego de competencias dixitais. Para obter o certificado ComDix Iniciación é preciso superar na proba un cuestionario de entre 60 e 70 preguntas tipo test que inclúe a avaliación das 21 competencias que establece o Marco Galego ComDix.

 

Páxina da convocatoria ComDix Intermedio