O CPETIG capacita en eAdministración á veciñanza de Guitiriz

Portátil e rato nunha mesa.
2Set

O CPETIG capacita en eAdministración á veciñanza de Guitiriz

Aula CeMIT de Guitiriz acolle este outono un curso de Administración Electrónica para facilitar as relacións da cidadanía coas entidades públicas. Trátase do curso Aprende a realizar trámites de forma sinxela, impartido polo Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG).

Desenvolverase de maneira combinada, con sesións formativas dinámicas e participativas co formador en directo, que irán acompañadas de fichas con actividades prácticas. De maneira complementaria, haberá contidos formativos engadidos para poder acceder á formación en calquera momento. O curso inclúe 8 sesións de 2 horas cada unha. Todas as sesións serán retransmitidas en liña. O alumnado pode realizar o curso completo, ou ben calquera das súas partes.

Temáticas

  • Sesión I – As sedes electrónicas e como identificarse ante a Administración– data: 13 Setembro: 18:00 a 20:00h
  • Sesión II– O DNI electrónico e a sinatura dixital – Data: 15 Setembro: 18:00 a 20:00h
  • Sesión III – A sede electrónica da Xunta de Galicia – Data: 20 Setembro: 18:00 a 20:00h
  • Sesión IV e V – Trámites tributarios – Data: 22 e 27 Setembro: 18:00 a 20:00h
  • Sesión VI – Trámites xerais coa administración – Data: 29 Setembro: 18:00 a 20:00h
  • Sesión VII A miña É–Saúde – Data: 04 outubro: 18:00 a 20:00h
  • Sesión VIII  Notificacións da administración – Data: 06 outubro: 18:00 a 20:00h

O prazo para realizar a presinscrición remata este 9 de setembro. Deberá facerse a través de WhatsApp (606325597) ou no correo electrónico: cemit.guitiriz@xunta.gal.