O patrimonio e as tecnoloxías centran un obradoiro xuvenil en Ortigueira

Cartel da iniciativa.
13Ago

O patrimonio e as tecnoloxías centran un obradoiro xuvenil en Ortigueira

aula CeMIT de Ortigueira e a Biblioteca Municipal acollerán do 16 ao 20 de agosto un curso gratuíto de tecnoloxía e patrimonio dirixido a nenos e nenas de entre 9 e 12 anos. As persoas interesadas poderán anotarse até este venres 13 de agosto.

As temáticas a abordar serán, entre outras, as seguintes: robótica, videoxogos, deseño e impresión 3D. A idea do Concello é achegar á mocidade unha aposta pola formación divertida e creativa, usando diferentes tecnoloxías e aprender máis sobre o patrimonio de Ortigueira. “Unha forma atractiva de que a mocidade se implique co patrimonio, coñecendo nova tecnoloxía de utilidade para o seu estudo”, sinalou o alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras. 

A formación gratuíta conta cun máximo de 12 prazas e as persoas interesadas en participar nela poderán apuntarse na aula CeMIT de Ortigueira ou chamando ao teléfono 981 40 25 33.