Porto do Son achega un completo programa de clases de informática para a veciñanza de todas as idades

Cartel da iniciativa.
27Set

Porto do Son achega un completo programa de clases de informática para a veciñanza de todas as idades

aula CeMIT de Porto do Son regresou á súa plena actividade nesta recta final do verán, achegando un completo programa de actividades formativas para a veciñanza (adultos e tamén pequenos), poñendo o foco nalgúns dos aspectos máis útiles do ámbito tecnolóxico, por exemplo o correo electrónico ou os principais recursos dos que podemos botar en materia de ofimática.

axenda de clases de informática para este outono en Porto do Son (con comezo este mesmo mes de outubro) será unha axenda descentralizada, a desenvolver en todas as parroquias, coa finalidade de reducir ao máximo a chamada fenda dixital, que adoita poñer ao rural nunha situación de desigualdade con respecto aos espazos máis urbanos. Haberá formación en mecanografía, ofimática, redes sociais, uso de correo electrónico e xestións administrativas en Internet. Para máis información cómpre contactar co teléfono móbil 699 484 053.