Procedemento de asignación de prazas non cubertas

9Feb

Procedemento de asignación de prazas non cubertas

 

 

 

Listaxe de prazas non cubertas - vacantes.

Probas de certificación ComDix-Iniciación (febreiro)

 

 En cumprimento do establecido na base Sexta.- Procedemento de asignación de prazas non cubertas  da Resolución do 7 de xaneiro de 2026  (DOG nº 10), pola que se convocan as probas para a obtención do certificado de competencias dixitais ComDix - Iniciación, e unha vez rematados os prazos de renuncias e de chamadas das listaxes de reserva, PUBLÍCASE a listaxe de lugares con prazas vacantes ou desertas.

A estas prazas soamente poderán optar aquelas persoas que figuren nas listaxes de reserva por non obter praza no lugar, día e hora seleccionado previamente na súa inscrición.

Estas persoas recibirán o martes 10 de febreiro no seu correo electrónico (ás 9:00 horas) un formulario no que poderán escoller unha quenda dispoñible das que figuren na listaxe de vacantes, se é do seu interese, así como as instrucións necesarias para a súa cumprimentación e nas que se explica o procedemento de asignación e o prazo no que estará dispoñible para cumprimentalo.