A Rede CeMIT conmemora o Día da Saúde co obradoiro sobre o uso da aplicación Sergas Móbil e E-saúde

8Abr

A Rede CeMIT conmemora o Día da Saúde co obradoiro sobre o uso da aplicación Sergas Móbil e E-saúde

 

"Dálle ao botón da Saúde"

 

A Rede CeMIT celebrou o Día Internacional da Saúde (7 de abril) co obradoiro “Dálle ao botón da Saúde”, unha actividade centrada no coñecemento e uso práctico da aplicación Sergas Móbil e da plataforma E-saúde.

A sesión desenvolveuse en formato multiaula nas aulas CeMIT de Cerceda e Vigo, contando coa participación de 12 persoas maiores de 60 anos. A proposta combinou explicación teórica e práctica guiada co obxectivo de fomentar a autonomía dixital da cidadanía no ámbito sanitario, facilitando o acceso á información persoal de saúde e á xestión electrónica de trámites de maneira segura e eficiente.

Durante a actividade, as persoas participantes:

  • Coñeceron as principais funcionalidades da aplicación Sergas Móbil e da plataforma E-saúde.
  • Aprenderon a descargar e instalar a aplicación, así como a rexistrar a súa tarxeta sanitaria.
  • Xestionaron pacientes e perfís dentro da aplicación.
  • Practicaron a solicitude, consulta, modificación e eliminación de citas médicas.
  • Accederon á tarxeta sanitaria virtual.
  • Exploraron a plataforma E-saúde e os seus principais servizos.
  • Solicitaron cita para a Chave365.

A actividade combinou aprendizaxe práctica guiada, acompañamento e resolución de dúbidas, facilitando o uso real destas ferramentas dixitais sanitarias no día a día. Esta iniciativa contribúe a reforzar a autonomía dixital da cidadanía e a promover unha relación máis accesible, eficiente e segura cos servizos públicos de saúde.

Desde a Rede CeMIT seguimos impulsando accións que combinan tecnoloxía, servizos públicos e mellora da calidade de vida da cidadanía.