A Rede CeMIT conmemora o Día Internacional das Rapazas nas TIC cunha actividade de iniciación á realidade virtual
A Rede CeMIT conmemora o Día Internacional das Rapazas nas TIC cunha actividade de iniciación á realidade virtual
No marco do Día Internacional das Rapazas nas TIC, a Rede CeMIT desenvolveu na Aula CeMIT de O Vicedo, a actividade “VIRTUAL TICS. Vive a túa primeira experiencia coa Realidade Virtual”. Trátase dunha proposta orientada a achegar ás participantes ao uso práctico da realidade virtual como tecnoloxía emerxente e a fomentar o interese das rapazas polo ámbito tecnolóxico.
A actividade, que se desenvolveu en formato presencial e durante dúas horas, combinou unha primeira parte explicativa cunha segunda experiencia práctica inmersiva.
Durante a sesión, o grupo participante - formado por 11 nenos e nenas e 4 persoas adultas - , coñeceu que é a realidade virtual, como funciona e cales son os seus principais usos en ámbitos de aplicación, entre os que se atopan: a educación, a saúde, a ciencia, a industria ou o ocio.
Tras isto, os e as asistentes, tiveron a oportunidade de empregar lentes de realidade virtual e probar diferentes contornos inmersivos, experimentando de primeira man as posibilidades desta tecnoloxía para a aprendizaxe, a creatividade e a innovación.
A proposta tamén incluíu distintas experiencias de realidade virtual, como Rec Room, ISS: Mission, Gravity Sketch e VRFS fútbol, aplicacións que permiten explorar contornas virtuais inmersivas, co obxectivo de mostrar as súas posibilidades educativas, sociais e creativas.
Esta actividade buscaba crear un espazo seguro, motivador e libre de prexuízos no que achegarse á tecnoloxía desde a curiosidade, a experimentación e o diálogo.
Desde a Rede CeMIT seguimos impulsando accións que fomentan a igualdade de oportunidades e o talento feminino no ámbito dixital.
![]() | ![]() |
![]() | |


