Redondela pon a disposición da cidadanía media ducia de obradoiros TIC
O Concello de Redondela, a través da área municipal de Novas Tecnoloxías, achega neste primeiro semestre de 2022 media ducia de cursos de informática dirixidos a seguir avanzando na alfabetización dixital da cidadanía. Desenvolverase nas aulas CeMIT de Redondela e Chapela. Porase o foco no nivel básico de formación (haberá obradoiros para introducir á veciñanza no uso dos sistemas operativos de Internet, e tamén no emprego inicial de ferramentas de ofimática) e tamén nun ámbito de actividade máis avanzado (por exemplo o obradoiro sobre ofimática na nube).
Cursos da aula CeMIT de Redondela
- Alfabetización dixital Windows 10 e Internet (24 horas) Luns e mércores de 9.30 h a 11.00 h.
- Mecanografía co computador (16 horas) Luns e mércores de 11 h a 12 h.
- Tarefas de oficina con Writer e Calc (24 horas) Luns e mércores de 12 h a 13 h.
Cursos en Aula CeMIT Chapela
- Aplicacións Google (24 h) Martes e xoves de 9.45 h a 11.15 h.
- Internet e correo electrónico (16 h) Martes e xoves de 11.15 h a 12.15 h.
- Drive ofimática na nube (24 h) 12.15 h a 13.45 h
Ademais os venres celebrarase a Aula Aberta, con seminarios de subvencións co Concello e un obradoiro de informática para adultos (dúbidas, consultas de cidadáns e asociacións), un venres en Redondela e o outro en Chapela. As matrículas deste primeiro módulo de obradoiros están pendentes de data, segundo comunicou o Concello, que indica que as instancias para participar nos cursos poderanse recoller na páxina web de Redondela, no Centro de Formación A Marisma (ao carón da piscina municipal) e no edificio Multiusos da Xunqueira en Redondela. En Chapela poderanse solicitar nas Dependencias dos Servizos Sociais.