Redondela recibirá o outono cunha manchea de cursos gratuítos de capacitación tecnolóxica
A Concellería de Novas Tecnoloxías de Redondela que xestiona Olga García Ballesteros desenvolverá durante os meses de setembro e outubro unha serie de accións formativas nas aulas CeMIT de Chapela e Redondela, en horarios de mañá e tarde, destinadas a favorecer a capacitación dixital da veciñanza. Estes cursos son totalmente gratuítos aínda que con prazas limitadas que serán asignadas por orde de inscrición. Serán 16 prazas por curso para Redondela e 12 para Chapela.
As formacións serán as seguintes:
Cursos informática 2022 en Redondela
Cursos en Redondela Setembro-Outubro mañás
- Alfabetización dixital Windows 10 e Internet – 24hs. – 01/09 ao 27/10 Horario: 9.30 a 11.00hs – Martes e Xoves.
- Mecanografía co ordenador – 16hs. – 01/09 ao 27/10 Horarios: 11.00 a 12.00hs. - Martes e Xoves.
- Tarefas de oficina con Writer e Calc – 24hs. – 01/09 ao 27/10 Horario: 12.00 a 13.30hs. – Martes e Xoves
- Aula Aberta: seminarios de subvencións co Concello, trámites na sede electrónica e obradoiro de informática para adultos (dúbidas, consultas de cidadáns e asociacións), un venres en Redondela e o outro en Chapela. Horario: Venres de 9.30 a 13.30hs.
Cursos en Redondela Setembro/Outubro tardes
- Photopea – editor de fotografía online – 24hs. – 01/09 ao 27/10 Horario: 16.30 a 18.00hs – Martes e Xoves.
- Trámites en liña coa administración e sinatura electrónica. – 24hs. – 01/09 ao 27/10 Horario: 18.00 a 19.30hs. – Martes e Xoves.
- Ciberseguridade para usuarios – 16hs. – 01/09 ao 27/10 Horarios: 19.30 a 20.30hs. - Martes e Xoves.
- Aula Aberta: seminarios de subvencións co Concello, trámites na sede electrónica e obradoiro de informática para adultos (dúbidas, consultas de cidadáns e asociacións), un venres en Redondela e outro en Chapela. Horarios: Venres de 16.30 a 20.30hs.
Cursos Informática 2022 – Chapela
Cursos en Chapela Setembro-Outubro mañás
- Aplicacións Google– 24hs. – 05/09 ao 31/10 Horario: 9.45 a 11.15hs. - Luns e Mércores.
- Internet e correo electrónico – 16hs. – 05/09 ao 31/10 Horario: 11.15 a 12.15hs. – Luns e Mércores.
- Drive ofimática na nube – 24hs. – 05/09 ao 31/10 Horario: 12.15 a 13.45hs. Luns e Mércores.
- Aula Aberta: seminarios de subvencións co Concello, trámites na sede electrónica e obradoiro de informática para adultos (dúbidas, consultas de cidadáns e asociacións), un venres en Redondela e o outro en Chapela. Horario: Venres de 9.30 a 13.30hs
Cursos en Chapela Setembro/Outubro tardes
- Alfabetización Linux, Internet e Writer – 24hs. – 05/09 ao 31/10 Horario: 16.30 a 18.00hs. - Luns e Mércores.
- Creación de vídeos con Filmora – 16hs. – 05/09 ao 31/10 Horario: 18.00 a 19.00hs. – Luns e Mércores.
- Photopea – editor de fotografía online – 24hs. – 05/09 ao 31/10 Horario: 19.00 a 20.30hs. – Luns e Mércores.
- Aula Aberta: seminarios de subvencións co Concello, trámites na sede electrónica e obradoiro de informática para adultos (dúbidas, consultas de cidadáns e asociacións), un venres en Redondela e o outro en Chapela. Horario: Venres de 9.30 a 20.30hs.