Redondela rematará o verán con cursos de informática gratuítos para o público en xeral

Cartel da iniciativa.
21Ago

Redondela rematará o verán con cursos de informática gratuítos para o público en xeral

A Concellería de Novas Tecnoloxías do Concello de Redondela que xestiona Antonio Cabaleiro desenvolverá durante os meses de setembro, outubro e novembro, a través das Aulas CeMIT de Redondela e Chapela, cursos totalmente gratuítos dirixidos ao público en xeral. Estas actividades formativas abranguerán diferentes ámbitos da informática como creación de blogs, edición de fotografías, creación de álbums e presentacións, e trámites coa administración online.

Para estes cursos ofértanse en diferentes horarios máis de 130 prazas para diferentes cursos e horarios na aula de Redondela, cun total de 16 postos e na de Chapela con 12 postos. En ámbolos dous casos as prazas serán asignadas por estrita orde de inscrición, sendo o prazo de inscrición do 16 de agosto ao 5 de setembro. 

Aula CeMIT Redondela os luns e mércores

  • Do 11 de setembro ao 22 de novembro 
    • Curso Álbum Dixital: aplicación Collage e Impress. Do 11/09 ao 22/11. Horarios: de 10.00 a 11.30 horas. 
    • Curso: trámites online coa Administración e identidade dixital. Do 11/09 ao 22/11. Horario: de 12.00 a 13.30 horas. 

Aula Aberta: obradoiros para adultos

  • Trámites subvencións co Concello. Consultas e dúbidas. Os venres en horario de 09:30 a 13.30hs. 
    • Setembro: 8 e 22 
    • Outubro: 6 e 20 
    • Novembro: 3 e 17 

Aula CeMIT Chapela os martes e xoves

  • Do 12 de setembro ao 23 de novembro 
    • Curso: Photopea. Editor de fotos en liña. Datas: do 12/09 ao 23/11 Horarios: de 10.00 a 11.30 horas. 
    • Curso: Blogger – creación dun blog. Datas: do 12/09 ao 23/11 Horarios: de 12.00 a 13.30hs. 

Aula Aberta: obradoiros para adultos

  • Trámites subvencións co Concello: consultas e dúbidas Os venres en horario de 09:30 a 13.30hs. 
    • Setembro: 15 e 29 
    • Outubro: 13 e 27 
    • Novembro: 10 e 24 

Segundo engadiu o Concello, as instancias para participar nos cursos, con matrícula aberta dende o mércores 16 de agosto ata o 5 de setembro, pódense recoller na páxina web de Redondela, no Centro de Formación A Marisma (ao carón da Piscina Municipal) e no Multiusos da Xunqueira en Redondela. En Chapela pódense solicitar nas Dependencias dos Servizos Sociais.