Resultado do sorteo para a elaboración das listaxes de persoas seleccionadas - Probas ComDix Iniciación - Febreiro 2026
En cumprimento do establecido na base Cuarta.- Criterios de selección da RESOLUCIÓN do 07 de xaneiro de 2026 (DOG nº 10, do 16 de xaneiro), pola que se anuncian as convocatorias das probas de avaliación para a obtención do certificado galego de competencias dixitais (ComDix) na Rede CeMIT, e unha vez realizado o sorteo público para a extración do número aleatorio que determina o día, hora e minuto concretos de preinscrición para a asignación das prazas dispoñibles en dita actividade, COMUNÍCASE o resultado de dito sorteo.
Resultado do sorteo para a edición das probas Iniciación - Febreiro 2026:
NÚMERO EXTRAÍDO: 257
DÍA / HORA de INSCRICIÓN: 21/01/2026 12:30 horas
Se elaborará unha listaxe tomando a data e a hora de rexistro no sistema das persoas participantes e asignarase o número un (1) a primeira persoa solicitante e así sucesivamente ata o último rexistro.
As prazas adxudicaranse a partir das solicitudes realizadas dende o día 21/01/2026 ás 12:30 horas da listaxe previamente ordenada e continuarase, ata esgotar as prazas vacantes e reservadas, para aquelas solicitudes ás que correspondan os seguintes números segundo a orde ascendente da serie numérica.
Unha vez aplicado o resultado do sorteo, as listaxes provisionais de persoas admitidas e en lista de agarda serán publicadas nesta mesma páxina web o VENRES 30 de XANEIRO.
As persoas que resulten seleccionadas provisionalmente recibirán un correo electrónico confirmatorio da súa selección e poderán comunicar a súa desistencia a participar na proba nun prazo de dez (10) días naturais desde a publicación da listaxe provisional. Esta renuncia deberá comunicarse por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xunta.es utilizando o modelo que pode atopar en neste link, para evitar futuras penalizacións.
Unha vez rematado ese prazo sen existir renuncia expresa, as persoas admitidas provisionalmente non terán que realizar ningún trámite e serán matriculadas de oficio, entendéndose que aceptan asistir á proba de certificación no lugar, día e hora na que se anotaron.