Resultado do sorteo para a elaboración das listaxes de persoas seleccionadas probas comdix iniciacion xuño 2025

14Mai

Resultado do sorteo para a elaboración das listaxes de persoas seleccionadas probas comdix iniciacion xuño 2025

En cumprimento do establecido na base Cuarta.- Criterios de selección  da RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2025 (DOG nº 85, do 06 de maio de 2025), pola que se convocan as probas para a obtención do certificado de competencias dixitais ComDix, no seu nivel Iniciacion, e unha vez realizado o sorteo público para a extración do número aleatorio que determina o día, hora e minuto concretos de preinscrición para a asignación das prazas dispoñibles en dita actividade, COMUNÍCASE o resultado de dito sorteo.

 

Resultado do sorteo para a edición das probas de XUÑO 2025:

                NÚMERO EXTRAÍDO: 240

                DÍA / HORA  de INSCRICIÓN:  08/05/2025  11:09:38 horas

 

Se elaborará unha listaxe tomando a data e a hora de rexistro no sistema das persoas participantes e asignarase o número un (1) a primeira persoa solicitante e así sucesivamente ata o último rexistro.

As prazas adxudicaranse a partir das solicitudes realizadas dende o día 08/05/2025  11:09:38 horas da listaxe previamente ordenada e continuarase, ata esgotar as prazas vacantes e reservadas, para aquelas solicitudes ás que correspondan os seguintes números segundo a orde ascendente da serie numérica.

Unha vez aplicado o resultado do sorteo, as listaxes provisionais de persoas admitidas e en lista de agarda serán publicadas nesta mesma páxina web PROXIMAMENTE.

As persoas que resulten seleccionadas provisionalmente recibirán un correo electrónico confirmatorio da súa selección e poderán comunicar a súa desistencia a participar na proba nun prazo de dez (10) días naturais desde a publicación da listaxe provisional. Esta renuncia deberá comunicarse por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xunta.es utilizando o modelo que pode atopar en neste link, para evitar futuras penalizacións.

Unha vez rematado ese prazo sen existir renuncia expresa, as persoas admitidas provisionalmente non terán que realizar ningún trámite e serán matriculadas de oficio, entendéndose que aceptan asistir á proba de certificación no lugar, día e hora na que se anotaron.