A veciñanza de Valga mergullouse nas tecnoloxías máis innovadoras na Aula CeMIT

Muller usando lentes de realidade virtual.
19Xul

A veciñanza de Valga mergullouse nas tecnoloxías máis innovadoras na Aula CeMIT

equipamento de última tecnoloxía incorporado recentemente pola Aula CeMIT de Valga protagonizou o obradoiro desenvolvido na mesma o pasado 13 de xullo, ao que asistiron unha decena de veciñas e veciños do concello pontevedrés.

O taller, o primeiro destas características de cantos están previsto desenvolverse nas Aulas CeMIT, puxo o foco en tecnoloxías disruptivas como a Impresión 3D, a programación electrónica, a robótica, os drons ou os equipos de Realidade Virtual. Todas estas tecnoloxías e outras máis están plenamente representadas na aula de Valga grazas á recente incorporación de material aplicada na Rede CeMIT pola axencia AMTEGA. O obradoiro de Valga, coma os restantes previstos, foi posíbel grazas ao convenio asinado entre a dita axencia e o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática (CPEIG). Foi unha sesión demostrativa e experimental na que os alumnos exploraron algunhas das aplicacións e usos que poden ter ditas tecnoloxías.

Durante catro horas aprenderon a empregar os diferentes dispositivos cos que conta a Aaula CeMIT. Comezaron coa Impresión 3D, deseñando cada un no seu computador un bloque de LEGO e comprobando despois in situ como a impresora ía dando forma á figura. Comprobaron, ademais, os usos que esta tecnoloxía pode ter na vida diaria (por exemplo, traballadores municipais xa crean as súas propias pezas que lles facilitan as súas tarefas, coma por exemplo chaves de contadores).

A sesión matinal continuou con demostracións de programación electrónica, a realización dun xogo con drons e un achegamento á Realidade Virtual co uso de gafas coas que os alumnos puideron visualizar en tres dimensións un entorno xerado por ordenador.

Ademais da mestra, Cristina Fernández, a sesión contou coa participación da técnica municipal responsábel da aula, Vanessa Losada, e unha formadora do equipo CeMIT, Sara García, que explicou que este tipo de actividades tratan de achegar á poboación as últimas tecnoloxías e equipamentos cos que foron dotadas as aulas da Rede CeMIT, entre elas a de Valga.