A veciñanza do Porriño poderá formarse este verán en edición de textos, uso do GIMP e eAdministración

O Porriño.
28Xul

A veciñanza do Porriño poderá formarse este verán en edición de textos, uso do GIMP e eAdministración

Concello do Porriño informou de que xa están abertos os prazos de inscrición para dous cursos que se van impartir nas instalacións da feira Porremprego no Multiusos de Torneiros. Os cursos serán presenciais, en grupos cun mínimo de 5 persoas, e impartiranse en colaboración coa aula CeMIT local. Un dos cursos, o obradoiro Fagamos un conto!, porá o foco na rapazada de idades comprendidas entre os 8 e 12 anos, e consistirá en familiarizar aos participantes co uso do procesador de textos e a ferramenta GIMP (programa de edición de imaxes) para confeccionar un relato individual.

Ensinaráselles aos asistentes os conceptos básicos destes programas. Establécense catro quendas dunha semana, con inicio os días 2, 9, 16 e 23 de agosto.

O segundo dos cursos é unha actividade formativa sobre trámites electrónicos e Administración Electrónica. Introducirase aos presentes nestes conceptos e ensinaráselles a obter e manexar o certificado dixital e a clave PIN, amais dos principais servizos dixitais que ofrecen as administracións públicas. Tamén se lles mostrará como levar a cabo os diferentes trámites. Inscricións en cemit.oporrino@xunta.gal.