
A Xunta e a Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors colaboran para achegar as novas tecnoloxías ás persoas maiores
- Amtega e Fegaus renovan para este verán a oferta formativa na Rede CeMIT cunha programación de seminarios en liña.
- Os ciclos de seminarios en liña están previstos para os meses de maio a setembro en horarios de mañá.
- Todos os contidos están orientados a fomentar o uso da tecnoloxía por parte dos nosos maiores e visibilizar as vantaxes do dixital na súa vida cotiá.
- A formalización da inscrición pode facerse, de xeito gratuíto, tanto nas aulas CeMIT como de xeito online na páxina web da Rede CeMIT ou na de Fegaus.
A Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS), no marco das súa prolongada colaboración como aliado do Plan de Inclusión Dixital de Galicia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), organiza un novo programa formativo con 3 itinerarios que contan con 19 seminarios online duns 60 minutos de duración con contidos orientados a fomentar o uso da tecnoloxía por parte dos nosos maiores e visibilizar as vantaxes do dixital na súa vida cotiá.
Este novo ciclo de seminarios retransmitirase por videoconferencia coa colaboración da Rede CeMIT a través das súas aulas para conseguir un maior achegamento ao territorio, sobre todo, no ámbito rural onde as necesidades formativas son máis notorias. Aínda que os usuarios/as dispoñen tamén da posibilidade de seguir esta formación de xeito online contando igualmente co asesoramento dos dinamizadores das aulas no proceso de alta e conexións ás sesións.
Igualmente tamén terán a posibilidade de aumentar estes contidos formativos a través do acceso a unha Videoteca onde poder visualizar os seminarios xa retransmitidos e os realizados en colaboración coa Xunta de Galicia para poder complementar súa a formación.
Os contidos formativos, preséntanse mediante emisións en directo a través de Internet con conexións grupais desde as aulas CeMIT que participen na iniciativa para a asistencia de xeito presencial e as sesións terán un carácter interactivo podendo trasladar dúbidas ou consultas durante o transcurso de calquera actividade.
Os 3 ciclos que se impartirán versarán sobre as seguintes temáticas:
- Dinamízate: Arte e cultura a través de Google, creación de álbums dixitais, organización de vacacións, xadrez online...
- Rural TIC: Como a internet das cousas revoluciona a agricultura, loT para aproveitar oportunidades no sector gandeiro, tecnoloxías para mudar o futuro do rural, casas prefabricadas con impresión 3D...
- Voluntariado TIC: Ideas para facerte voluntario/a dixital, competencias dixitais clave ou solidariedade na época dixital.
Como novidade, nesta ocasión o programa de Voluntariado TIC irá acompañado dun reto de voluntariado tecnolóxico que se lanzará aos asistentes cun premio final onde se sorteará un vale de Amazon de 50€ para todos os participantes que rexistren a 3 persoas na aplicación de Canal Sénior ou na plataforma de fegaus.canalsenior.es. Así mesmo, para participar no sorteo que se realizará na sesión do vindeiro 18 de xuño en directo, será necesario cumprimentar un formulario cos 3 mails que se inscribiron grazas a esa iniciativa.
Estas actividades son gratuítas e emitiranse durante os meses de maio a setembro (agás en agosto onde non haberá programación) en horarios de mañá de 10:30 a 11:30 e de 12:00 a 13:00 horas.
Para a formalización das inscricións para participar de xeito presencial é recomendable poñerse en contacto cos responsables das aulas CeMIT participantes en cada un dos seminarios ou a través de internet na web https://cemit.xunta.gal, sendo o único requisito esixible ser ou darse de alta como usuario da Rede ou no caso de seguir os cursos desde a casa, inscribirse desde a web de Fegaus en Canal Sénior, https://fegaus.canalsenior.es/agenda, a plataforma de aprendizaxe coa que colabora nestas actividades, e onde calquera persoa poderá rexistrarse gratuitamente.
Plan de Inclusión Dixital de Galicia - Aliad@s Dixitais
FEGAUS é un dos máis de 920 aliados dixitais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia, impulsado pola Amtega, ao que se poden adherir como tales aquelas empresas e entidades interesadas en participar no desenvolvemento da sociedade dixital en Galicia no marco da súa responsabilidade social empresarial, mediante a achega de recursos financeiros, humanos ou, como neste caso, de coñecemento.
O Plan de Inclusión Dixital é a estratexia autonómica para facilitar a calquera persoa, independentemente do nivel dixital no que se atope, avanzar, madurar e acceder a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC.
FEGAUS agrupa a 7 asociacións de alumnos e ex-alumnos dos Programas de Maiores dos 7 campus universitarios pertencentes ás tres universidades de Galicia: Santiago, A Coruña e Vigo, contando con arredor de 2.000 alumnos sénior.
A Rede CeMIT
A Rede CeMIT é unha iniciativa posta en marcha pola Amtega e conta coa colaboración de 91 concellos, está integrada por 97 aulas e está presente en 52 comarcas, co obxectivo común de transformar á cidadanía galega nunha sociedade plenamente integrada na sociedade dixital. A rede é un dos instrumentos principais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia para ofrecer a cidadanía recursos de capacitación dixital en función do seu nivel de coñecemento.
Datas e horarios dos seminarios en liña por ciclos formativos
Ciclo Dinamízate
Título: |
Arte e cultura da man de Google: descobre o arte de museos de todo o mundo |
Data: |
Venres 28/05/2021 |
Horario: |
10.30 – 11.30 |
Título: |
Crea o teu álbum en tres sesións manualidades I |
Data: |
Xoves 03/06/2021 |
Horario: |
10.30 – 11.30 |
Título: |
Crea o teu álbum en tres sesións manualidades II |
Data: |
Xoves 10/06/2021 |
Horario: |
10.30 – 11.30 |
Título: |
Crea o teu álbum en tres sesións manualidades III |
Data: |
Xoves 17/06/2021 |
Horario: |
10.30 – 11.30 |
Título: |
Madurescencia: A revolución das canas |
Data: |
Xoves 24/06/2021 |
Horario: |
12.00 – 13.00 |
Título: |
Ofertas de última hora para as túas vacacións: aplicacións |
Data: |
Xoves 01/07/2021 |
Horario: |
12.00– 13.00 |
Título: |
Toogoodtogo: descontos a cambio de non desperdiciar comida |
Data: |
Xoves 08/07/2021 |
Horario: |
12.00– 13.00 |
Título: |
Xadrez online, aplicacións de xogos de mesa online |
Data: |
Xoves 15/07/2021 |
Horario: |
12.00– 13.00 |
Ciclo Rural TIC
Título: |
Como o internet das cousas revolucionou a agricultura |
Data: |
Venres 25/06/2021 |
Horario: |
10.30 – 11.30 |
Título: |
loT (Internet das cousas) no sector gandeiro: oportunidades e desenvolvemento |
Data: |
Venres 5/07/2021 |
Horario: |
12.00 – 13.00 |
Título: |
Oportunidades no medio rural: sénior cohousing |
Data: |
Venres 09/07/2021 |
Horario: |
12.00 – 13.00 |
Título: |
Tecnoloxías que mudan o futuro rural de forma excepcional |
Data: |
Venres 16/07/2021 |
Horario: |
12.00 – 13.00 |
Título: |
Casas prefabricadas con impresión 3D: cando o lugar xa non importa |
Data: |
Venres 23/07/2021 |
Horario: |
12.00 – 13.00 |
Título: |
Repobo: territorio innovador rural: casos e ideas |
Data: |
Venres 10/09/2021 |
Horario: |
10.30 – 11.30 |
Título: |
Casos e exemplos de autoconsumo |
Data: |
Venres 17/09/2021 |
Horario: |
10.30 – 11.30 |
Título: |
Impacto da enerxía fotovoltaica na entorna rural |
Data: |
Venres 24/09/2021 |
Horario: |
10.30 – 11.30 |
Ciclo Voluntariado TIC
Título: |
Competencias dixitais clave na nova entorna: desenvólveas! |
Data: |
Venres 04/06/2021 |
Horario: |
12.00 – 13.00 |
Título: |
Solidariedade na era dixital: aplicacións móbiles que fomentan a cooperación |
Data: |
Venres 11/06/2021 |
Horario: |
12.00 – 13.00 |
Título: |
Ideas para facerte voluntario dixital |
Data: |
Venres 18/06/2021 |
Horario: |
12.00 – 13.00 |