
A Xunta e o aliado dixital Fegaus achegan a tecnoloxía e a banca online ás persoas maiores cun novo programa formativo
- Ofrecen máis de 50 seminarios a través da Rede CeMIT, que poden seguirse de forma online ou presencial
- Os contidos destas charlas están orientados a fomentar o uso da tecnoloxía e a banca online por parte das persoas maiores para facilitar a súa integración no novo contexto social dixital
- As datas e as inscrición para esta programación de actividades, que se estenderá durante todo o ano, pode realizarse de xeito gratuíto no portal da Rede
A Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, inicia un novo programa formativo que ofrecerá máis de 50 charlas orientadas a fomentar o uso da tecnoloxía e a banca online. Os seminarios están especialmente orientados ás persoas maiores, aínda que a inscrición está aberta para todas as persoas interesadas en ampliar os seus coñecementos nestes ámbitos.
A Rede CeMIT colaborará a través de emisións online e presenciais que poderán seguirse desde as súas aulas. Neste momento son 14 as localidades que se suman a esta iniciativa: Abegondo, Arzúa, Beariz, Boiro, Carballedo, Castrelo de Miño, Celanova, Cuntis, Fisterra, Ribadeo, Ortigueira, Ponteareas, Santa Comba e Valga.
As persoas interesadas en participar contarán co asesoramento dos dinamizadores/as dos centros durante o proceso de alta e conexión ás charlas, no caso de que desexen seguir estas sesións desde os seus fogares de xeito online.
Para a formalización das inscricións para participar de xeito presencial é recomendable poñerse en contacto cos responsables das aulas CeMIT participantes en cada seminario ou na web https://cemit.xunta.gal. O único requisito esixible é ser ou darse de alta como usuario/a da Rede ou, no caso de seguir os cursos desde a casa, inscribirse desde a web de Fegaus en Canal Sénior, https://fegaus.canalsenior.es/agenda.
Os contidos formativos preséntanse de xeito ameno e sinxelo e están orientados a que os asistentes poidan sacar o máximo partido a través de sesións gratuítas de 60 minutos de duración, en horario de mañá e tarde, de 10.30 a 11:30 horas, e de 17.00 a 18:00 horas, e versarán sobre temáticas moi diversas como:
- Consumo Sénior: Como evitar o spam telefónico, Nova tarifa da luz, coñécea e aforra na túa factura!, Dereitos do consumidor nos produtos e servizos dixitais, etc.
- Soidade: A importancia de falar en positivo, Consellos útiles para xestionar os teus medos, Vivir o duelo como un proceso natural, etc.
- Dinamízate: Atrévete con Facebook, Atopa a túa app de relaxación ideal e practica cada día, Si o Sabes! Descubre os xogos de preguntas máis interesantes para o teu móbil, etc.
- Rural TIC: Que é a Administración electrónica, Trámites online sen certificado electrónico, Novidades do DNI electrónico (4.0), etc.
- Relaciona TIC: Outras formas de ler, apps de relatos en chat e audiolibros, App para vender aquelo que xa non usas, Conecta os teus dispositivos: altofalantes intelixentes, reloxos, enchufes, etc.
- Banca Dixital: Séniors TIC: Aprende a usar un caixeiro automático, Pagos seguros por internet, Como acceder á túa conta bancaria, Tarxetas prepago: recarga cando queiras e paga con tranquilidade, etc.
A Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS)
FEGAUS é un dos máis de 950 aliados dixitais que está a contribuír activamente no desenvolvemento da sociedade dixital en Galicia no marco da súa responsabilidade social empresarial, mediante a achega de coñecemento. Así mesmo, FEGAUS agrupa a 7 asociacións de alumnos e ex-alumnos dos Programas de Maiores dos 7 campus universitarios pertencentes ás tres universidades de Galicia: Santiago, A Coruña e Vigo, contando con arredor de 2.000 alumnos sénior.
A Rede CeMIT
A Rede CeMIT é unha iniciativa posta en marcha pola Amtega que conta coa colaboración de 91 concellos e está integrada por 97 centros en 52 comarcas, co obxectivo común de transformar á cidadanía galega nunha sociedade plenamente dixital, ofrecendo recursos de capacitación adaptados ao nivel de coñecemento das persoas usuarias.
SEMINARIOS POR CICLOS FORMATIVOS
Ciclo Soidade
Programación
Seminarios
Aulas participantes na modalidade online
10 de marzo
17:00 a 18:00 horas
Coa mente na saúde. Descubre que son os pensamentos intrusivos e como bloquealos
Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas
17 de marzo
17:00 a 18:00 horas
Coa mente na saúde. Consellos útiles para xestionar os medos
Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas
24 de marzo
17:00 a 18:00 horas
Coa mente na saúde. Vivir o duelo como un proceso natural
Castrelo de Miño, Ponteareas
29 de setembro
10:30 a 11:30 horas
De Londres a Ámsterdam sen saír da casa: visita gratis o Museo Británico e o Rijks Museum
Beariz, Arzúa, Carballedo, Cuntis, Santa Comba, Castrelo de Miño
6 de outubro
10:30 a 11: 30 horas
Atopa grupos sobre os teus temas favoritos en rrss
Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Cuntis, Santa Comba, Castrelo de Miño
13 de outubro
10:30 a 11:30 horas
Apps interesantes para sendeiristas: camiña seguro e en compañía
Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Cuntis, Valga, Santa Comba, Castrelo de Miño
Ciclo Dinamízate
Programación
Seminarios
Aulas participantes na modalidade online
18 de marzo
10:30 a 11:30 horas
Atrévete con Facebook (I): Primeiros pasos
Ribadeo, Beariz, Abegondo, Ortigueira, Santa Comba, Castrelo de Miño, Celanova, Fisterra
24 de marzo
10:30 a 11:30 horas
Atrévete con Facebook (II): Personaliza a túa conta (privacidade, conexións…)
Ribadeo, Boiro, Beariz, Abegondo, Ortigueira, Santa Comba, Castrelo de Miño, Celanova
31 de marzo
10:30 a 11:30 horas
Dietas a medida: como coidarme se teño diabetes
Beariz, Abegondo, Santa Comba, Castrelo de Miño, Celanova
7 de abril
10:30 a 11:30 horas
Dietas a medida: coidando o meu colesterol
Beariz, Cuntis, Santa Comba, Castrelo de Miño
19 de maio
10:30 a 11:30 horas
Si o sabes! Descubre os xogos de preguntas máis interesantes para o teu móbil
Beariz, Abegondo, Carballedo, Cuntis, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Celanova
26 de maio
10:30 a 11:30 horas
Atopa a tu app de relaxación ideal e practica cada día
Beariz, Cuntis, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño
2 de xuño
17:00 a 18:00 horas
Arte prehistórico: así comezou todo
Beariz, Cuntis, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño
9 de xuño
17:00 a 18:00 horas
A Arte das primeiras civilizacións
Beariz, Cuntis, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño
Ciclo Rural TIC
Programación
Seminarios
Aulas participantes na modalidade online
Aulas participantes na modalidade presencial
1 de abril
10:30 a 11:30 horas
Que é a Administración Electrónica
Ribadeo, Boiro, Beariz, Abegondo, Carballedo, Ortigueira, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Ponteareas, Fisterra
21 de abril
10:30 a 11:30 horas
Que son os datos abertos da Administración?
Beariz, Carballedo, Valga, Celanova, Santa Comba, Castrelo de Miño
Ponteareas
19 de setembro
10:30 a 11:30 horas
Nocións básicas da ciberseguridade (I)
Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Abegondo, Cuntis, Castrelo de Miño
Celanova
26 de setembro
10:30 a 11:30 horas
Nocións básicas da ciberseguridade (II)
Beariz, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Abegondo, Castrelo de Miño
Cuntis
3 de outubro
10:30 a 11:30 horas
Identificación na Rede: certificadodixital
Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Celanova, Cuntis, Castrelo de Miño
Ponteareas
10 de outubro
10:30 a 11:30 horas
Identificación na Rede: sistema cl@ve
Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Celanova, Cuntis, Castrelo de Miño
Abegondo
17 de outubro
10:30 a 11:30 horas
Novidades do DNI electrónico (4.0)
Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Celanova, Cuntis, Castrelo de Miño
Ribadeo
24 de outubro
10:30 a 11:30 horas
Trámites online sen certificado electrónico
Beariz, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Celanova, Cuntis, Castrelo de Miño
Ribadeo
Ciclo Consumo Sénior
Programación
Seminarios
Aulas participantes na modalidade online
19 de abril
12:00 a 13:00 horas
Compras seguras en internet
Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Ponteareas
26 de abril
12:00 a 13:00 horas
Nova tarifa de luz: coñécea e aforra na túa factura!
Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas
3 de maio
12:00 a 13:00 horas
Novos métodos de pago: bizum, pago por móbil, tarxeta revolving, criptomoeda
Beariz, Arzúa, Cuntis, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Ponteareas
10 de maio
12:00 a 13:00 horas
Dereitos como consumidor nos produtos e servizos dixitais
Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Cuntis, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas
18 de maio
12:00 a 13:00 horas
Publicidade ao límite: límites legais das ofertas
Beariz, Arzúa, Cuntis, Valga, Castrelo de Miño, Ponteareas
24 de maio
12:00 a 13:00 horas
Super online: dereitos do consumidor ante compras de alimentación online
Boiro, Beariz, Arzúa, Cuntis, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas
31 de maio
12:00 a 13:00 horas
Cales son os dereitos do consumidor cos novos períodos de garantía vixente?
Beariz, Arzúa, Cuntis, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas
7 de xuño
12:00 a 13:00 horas
Reclamacións e conflitos? Pásate á arbitraxe de consumo
Beariz, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas
14 de xuño
12:00 a 13:00 horas
Como evitar o spam telefónico: a listaxe Robinson
Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Cuntis, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas
21 de xuño
12:00 a 13:00 horas
A Axenda 2030 dos consumidores
Beariz, Arzúa, Cuntis, Ortigueira, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas
Ciclo Relaciona TIC
Programación
Seminarios
Aulas participantes na modalidade online
Aulas participantes na modalidade presencial
16 de xuño
10:30 a 11:30 horas
Outras formas de ler: apps de relatos en chat e audiolibros
Beariz, Arzúa, Cuntis, Ortigueira, Valga, Celanova, Ponteareas, Santa Comba, Castrelo de Miño
Ribadeo
23 de xuño
10:30 a 11:30 horas
Apps para vender facilmente o que xa non usas
Beariz, Arzúa, Carballedo, Cuntis, Ortigueira, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas, Fisterra
Abegondo
30 de xuño
10:30 a 11:30 horas
Atopa, compra, vende, subasta: coñece as mellores apps para coleccionistas
Beariz, Arzúa, Carballedo, Cuntis, Ortigueira, Valga, Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas
Santa Comba
3 de novembro
10:30 a 11:30 horas
Comezando con Tik Tok: crea a túa conta e divírtete
Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Cuntis, Ortigueira, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas
Abegondo
10 de novembro
10:30 a 11:30 horas
Apps para manternos en forma: fai do teu móbil o teu entrenador
Beariz, Abegondo, Arzúa, Carballedo, Cuntis, Santa Comba, Valga, Celanova, Ponteareas
Castrelo de Miño
17 de novembro
10:30 a 11:30 horas
Limpa e mellora a vida útil do teu móbil con estas apps
Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Cuntis, Valga, Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas, Fisterra
Santa Comba
Ciclo Banca Dixital Séniors TIC
Programación
Seminarios
Aulas participantes na modalidade online
Aulas participantes na modalidade presencial
18 de maio
17:00 a 18:00 horas
Dez regras esenciais para o uso seguro da banca dixital
Boiro, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Ponteareas, Fisterra
Cuntis
25 de maio
10:30 a 11:30 horas
Aprende a usar un caixeiro automático (I)
Boiro, Beariz, Arzúa, Santa Comba, Castrelo de Miño, Ponteareas, Fisterra
Celanova
1 de xuño
10:30 a 11:30 horas
Aprende a usar un caixeiro automático (II)
Beariz, Arzúa, Santa Comba, Castrelo de Miño, Ponteareas, Fisterra
Abegondo
8 de xuño
10:30 a 11:30 horas
Como acceder á túa conta bancaria por internet
Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Cuntis, Santa Comba, Valga, Ponteareas, Fisterra
Castrelo de Miño
15 de xuño
10:30 a 11:30 horas
Pagos seguros por internet
Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Ponteareas, Fisterra, Cuntis
Ribadeo
22 de xuño
10:30 a 11:30 horas
Coñece as apps dos bancos máis populares
Boiro, Beariz, Arzúa, Valga, Castrelo de Miño, Ponteareas, Fisterra, Cuntis
Santa Comba
29 de xuño
10:30 a 11:30 horas
Olvida a carteira: pásate ao moedeiro seguro no teu móbil
Boiro, Beariz, Arzúa, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Ponteareas, Fisterra, Cuntis
Ortigueira
6 de xullo
10:30 a 11:30 horas
Tarxetas prepago: recarga cando queiras e paga con tranquilidade
Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Ponteareas, Fisterra
Cuntis