A Xunta lanza unha nova edición dos cursos sobre as aplicacións prácticas da intelixencia artificial para a cidadanía
- Son 17 xornadas formativas que se realizarán de xeito presencial en aulas CeMIT das catro provincias galegas entre novembro e decembro
- A formación está destinada, especialmente, a persoas maiores de 55 anos que poderán coñecer as aplicacións prácticas da IA e a súa capacidade para mellorar o día a día
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pon en marcha unha nova edición do programa formativo A Intelixencia Artificial no día a día para achegar as vantaxes da IA entre a cidadanía. Son un total de 17 xornadas que se realizarán de xeito presencial durante os meses de novembro e decembro en aulas da Rede CeMIT.
A formación, destinada especialmente a persoas maiores de 55 anos, achega aos participantes os conceptos e características básicas da IA, o seu impacto no día a día e a súa contribución á sociedade. Son sesións de 90 minutos de duración, nas que se presentan casos prácticos de emprego da intelixencia artificial na vida cotiá, así como as posibles barreiras ou dificultades no seu uso e os posibles riscos.
O obxectivo das xornadas é que os participantes poidan adquirir as competencias necesarias para o uso de ferramentas que empregan a IA como o móbil, asistentes persoais, tradutores instantáneos ou a xeración de imaxes, entre outros.
Os interesados en participar poder formalizar as inscricións poñéndose en contacto cos responsables das aulas CeMIT ou, a través de internet, na web https://cemit.xunta.gal.
Programación das sesións
AULA CeMIT
DATA E HORARIO
INSCRICIÓN
San Sadurniño
5 de novembro de 11:00 a 12:30 horas
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48151
Fisterra
7 de novembro de 16:30 a 18:00 horas
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48152
Betanzos
11 de novembro de 10:00 a 11:30 horas
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48121
Fisterra
12 de novembro de 10:00 a 11:30 horas
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48153
Santa Comba
12 de novembro de 17:00 a 18:30 horas
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48161
Catoira
13 de novembro de 12:00 a 13:30 horas
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48163
Cuntis
13 de novembro de 16:30 a 18:00 horas
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48165
O Barco de Valdeorras
14 de novembro de 11:00 a 12:30 horas
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48088
Ortigueira
19 de novembro de 10:30 a 12:00 horas
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48166
O Vicedo
22 de novembro de 16:30 a 18:00 horas
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48167
Valga
25 de novembro de 10:00 a 11:30 horas
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48168
Guitiriz
26 de novembro de 10.30 a 12:00 horas
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48169
Vigo
27 de novembro de 10:00 a 11:30 horas
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48080
Pontevedra
2 de decembro de 10:00 a 11:30 horas
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48170
Brión
10 de decembro de 19:30 a 21:00 horas
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48171
Leiro
18 de decembro de 10:00 a 11:30 horas
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48091
Celanova
18 de decembro de 16:00 a 17:30 horas
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48172