
En cumprimento do establecido na base Sexta.- Criterios de selección da Resolución do 10 de abril de 2025 (DOG nº 77, do 23 de abril), pola que se convoca un curso para a obtención da certificación galega en competencias dixitais (ComDix) no seu nivel de iniciación, na modalidade de teleformación titorizada, e unha vez realizado o sorteo público para a extración do número aleatorio que determina o día, hora e minuto concretos de preinscrición para a asignación das prazas dispoñibles en dita actividade, COMUNÍCASE o resultado de dito sorteo:
Resultado do sorteo para establecer a orde de prelación na asignación das prazas dispoñibles:
- NÚMERO EXTRAÍDO: 267
- DÍA / HORA de INSCRICIÓN: 24 de Abril do 2025 ás 13:36 horas
Se elaborará unha listaxe ordenada pola data e a hora de rexistro no sistema das persoas participantes e asignarase o número un (1) a primeira persoa solicitante e así sucesivamente ata o último rexistro.
As prazas adxudicaranse a partir das solicitudes realizadas dende o día 24 de Abril do 2025 ás 13:36 horas da listaxe previamente ordenada e continuarase, ata esgotar as prazas vacantes e reservadas, para aquelas solicitudes ás que correspondan os seguintes números segundo a orde ascendente da serie numérica.
Unha vez aplicado o resultado do sorteo, as listaxes provisionais de persoas admitidas e en lista de agarda serán publicadas na páxina web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.gal) o Martes 06 de maio.
As persoas que resulten seleccionadas provisionalmente recibirán un correo electrónico confirmatorio da súa selección e poderán comunicar a súa desistencia a participar na formación: O prazo para presentar escrito de renuncia iniciarase a partir da publicación da listaxe de persoas admitidas e en reserva, e finalizará tres días antes do inicio da actividade formativa. Esta renuncia deberá comunicarse por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xunta.es para evitar futuras penalizacións, utilizando o modelo que pode atopar neste link de renuncias.
Unha vez rematado ese prazo sen existir renuncia expresa, as persoas admitidas provisionalmente non terán que realizar ningún trámite e serán matriculadas de oficio, entendéndose que aceptan participar na formación.
No caso de existiren prazas libres, chamarase da lista de espera ata cubrir todas as vacantes.
