Seminarios en liña sobre o uso das novas tecnoloxías para persoas maiores

Pantallazo da web da iniciativa.

O aliado dixital Fegaus (Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors) organiza un programa formativo que conta con máis de 20 seminarios online co obxectivo de empoderar ás persoas maiores a través do uso das novas tecnoloxías na súa vida cotiá favorecendo así un envellecemento máis activo e a mellora na calidade de vida.

Os ciclos que se impartirán gratuitamente durante os meses de febreiro a maio versarán sobre as seguintes temáticas:

  • Relaciona TIC: Algunha vez te buscaches en Internet? Sabes o que Google sabe de ti?, Ferramentas de ditado: mensaxes de voz, WhatsApp, Aprende a detectar de forma sinxela virus en mails e páxinas web, Espreme o teu móbil, etc.
  • Soidade: Dereito preventivo: evitar o desamparo en situacións de vulnerabilidade, O Síndrome da fraxilidade como factor da soidade, A soidade a vista de cine, etc.
  • Formación ao longo da vida: Consellos para buscar mellor en Internet, encontra a información que precisas, Uso saudable de dispositivos electrónicos, Mercar sen diñeiro: paga co teu móbil de forma segura, etc.

Coa colaboración da Rede CeMIT, retransmitiranse estas actividades por videoconferencia a través das aulas repartidas por todo o territorio galego ou directamente desde os fogares sen necesidade de desprazamentos.

Adicionalmente, está dispoñible o servizo de Videoteca para visualizar os seminarios xa retransmitidos para poder complementar a formación a través da realización independente e autónoma dos cursos de maior interese.

Para máis información, consultar a Web de Fegaus en Canal Sénior.

 

Data de inicio: 01/02/2021
Data de fin: 31/05/2021
Eixo: Maiores
Temática Capacitación dixital