Listaxes provisionais - probas certificación ComDix - Abril

5Mar

Listaxes provisionais - probas certificación ComDix - Abril

 

Publicación das listaxes provisionais ComDix-Iniciación (abril)

 

En cumprimento do establecido na base Quinta.- Publicación da relación do persoal seleccionado  da Resolución do 13 de febreiro de 2025  (DOG nº 36, do 21 de febreiro), pola que se convocan as probas para a obtención do certificado de competencias dixitais ComDix - Iniciación,  e unha vez aplicado o resultado do sorteo público que determina o día, hora e minuto concretos de preinscrición para a asignación das prazas dispoñibles en dita actividade, COMUNÍCASE o resultado da aplicación de dito sorteo entre as solicitudes recibidas: 

Resultado de aplicación do sorteo para a probas de ABRIL:

 

As prazas adxudicaronse a partir das solicitudes de inscrición realizadas dende o día 24 de febreiro ás 11:02 horas da listaxe previamente ordenada e continuouse, ata esgotar as prazas vacantes e reservadas, para aquelas solicitudes ás que corresponderan os seguintes números segundo a orde ascendente da serie numérica.

Na listaxe figura na marxe dereita o día e hora de inscrición de cada participante para a súa comprobación.

As persoas seleccionadas provisionalmente recibirán un correo electrónico confirmatorio da súa selección e poderán comunicar o seu desestimento a participar na proba nun prazo de dez (10) días hábiles desde a publicación da listaxe provisional (ata o mércores 19 de marzo). Esta renuncia deberá comunicarse a fin de evitar futuras penalizacións por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xunta.es,utilizando o modelo que pode atopar en neste link.

No caso de non rexeitala expresamente no citado prazo, entenderase que a persoa seleccionada acepta participar nas probas de certificación para as cales foi admitida provisionalmente, e será matriculada de oficio pola Amtega na localidade, día e hora para a que foi seleccionada, non tendo  que realizar ningunha outra tramitación ata o día do exame.

No caso de existiren prazas libres por renuncias, chamarase da lista de espera ata cubrir todas as vacantes.