Modelo de renuncia á participación nas probas de certificación presenciais

No caso de non presentación ás probas sen xustificación ou sen renuncia previa dentro do prazo establecido, as persoas interesadas non poderán inscribirse nunha nova convocatoria no prazo de 12 meses dende a publicación desta última.

Pode descargar o modelo de renuncia a cubrir no seguinte enlace: modelo de renuncia.pdf

Este modelo ten que ser cumprimentado e enviado por correo electrónico a formacion-cemit@xunta.gal  dentro dos seguintes prazos:

  1. Unha vez se publique a listaxe provisional de  persoas admitidas (aplicado o resultado do sorteo e no caso de ser admitido/a provisionalmente)
  • As persoas que resulten seleccionadas provisionalmente recibirán un correo electrónico confirmatorio da súa selección e poderán comunicar a súa desistencia a participar na proba nun prazo de dez (10) días naturais desde a publicación da listaxe provisional. 
  • No caso de non rexeitala expresamente no citado prazo, entenderase que a persoa seleccionada acepta participar nas probas de certificación para as cales foi admitida provisionalmente.

 

  1. Cando se publique a listaxe definitiva de persoas admitidas
  • Non se admitirán máis renuncias sen xustificación, adquirindo a persoa participante a condición de "non presentado" e aplicándoselle a penalización prevista.
  • O motivo da non presentación deberá ser xustificado presentando o comprobante correspondente xunto co modelo de renuncia para que poida inscribirse en próximas convocatorias.
  • Consideraranse causas xustificadas: accidente, hospitalización, nacemento ou adopción, falecemento dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou primeiro de afinidade, obrigas públicas ineludibles e outras de carácter igualmente excepcional.