Resultado do sorteo para a elaboración das listaxes de persoas seleccionadas

5Mar

Resultado do sorteo para a elaboración das listaxes de persoas seleccionadas

 

En cumprimento do establecido na base Cuarta.- Criterios de selección  da Resolución do 13 de febreiro de 2025  (DOG nº 36, do 21 de febreiro), pola que se convocan as probas para a obtención do certificado de competencias dixitais ComDix, no seu nivel Iniciación,  e unha vez realizado o sorteo público para a extración do número aleatorio que determina o día, hora e minuto concretos de preinscrición para a asignación das prazas dispoñibles en dita actividade, COMUNÍCASE o resultado de dito sorteo:

 

Resultado do sorteo para a realización das probas de certificación (ABRIL):

                NÚMERO EXTRAÍDO: 235

                DÍA / HORA  de INSCRICIÓN:   24 de febreiro ás 11:02 horas

 

Se elaborará unha listaxe ordenada pola data e a hora de rexistro no sistema das persoas participantes e asignarase o número un (1) a primeira persoa solicitante e así sucesivamente ata o último rexistro.

As prazas adxudicaranse a partir das solicitudes realizadas dende o día 24 de febreiro ás 11:02 horas da listaxe previamente ordenada e continuarase, ata esgotar as prazas vacantes e reservadas, para aquelas solicitudes ás que correspondan os seguintes números segundo a orde ascendente da serie numérica.

Unha vez aplicado o resultado do sorteo, as listaxes provisionais de persoas admitidas e en lista de agarda serán publicadas na páxina web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.gal) o mércores 05 de marzo.

As persoas que resulten seleccionadas provisionalmente recibirán un correo electrónico confirmatorio da súa selección e poderán comunicar a súa desistencia a participar na proba nun prazo de dez (10) días hábiles desde a publicación da listaxe provisional. Esta renuncia deberá comunicarse por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xunta.es  para evitar futuras penalizacións, utilizando o modelo que pode atopar neste link.

Unha vez rematado ese prazo sen existir renuncia expresa, as persoas admitidas provisionalmente non terán que realizar ningún trámite e serán matriculadas de oficio, entendéndose que aceptan asistir á proba de certificación no lugar, día e hora na que se anotaron.

No caso de existiren prazas libres, chamarase da lista de espera ata cubrir todas as vacantes.