Listaxe DEFINITIVA de persoas admitidas - probas certificación ComDix -Febreiro

Publicación da listaxe DEFINITIVA de PERSOAS ADMITIDAS para a realización das probas de certificación ComDix-Iniciación (febreiro)
En cumprimento do establecido na base Quinta.- Publicación da relación do persoal seleccionado da RESOLUCIÓN do 07 de xaneiro de 2026 (DOG nº 10, do 16 de xaneiro), pola que se anuncian as convocatorias das probas de avaliación para a obtención do certificado galego de competencias dixitais (ComDix) na Rede CeMIT,, PUBLÍCASE a listaxe definitiva de persoas admitidas para a realización destas probas de certificación:
- Listaxe DEFINITIVA de persoas MATRICULADAS
As persoas que figuran nesta listaxe recibirán un correo electrónico confirmatorio da súa matriculación.
De acordo coa base Oitava.- Penalizacións de dita Resolución, no caso de non presentación ou renuncia a proba sen xustificación documental as persoas matriculadas serán penalizadas e non poderán inscribirse nunha nova proba nun prazo de doce meses.
As persoas con discapacidade legalmente recoñecida, poderán solicitar a adaptación do tempo ou dos medios necesarios para a realización da proba. A dita adaptación deberá comunicarse cunha antelación mínima de cinco (5) días á data de realización da proba por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xunta.gal
Enlace as normas xerais da proba de certificación: https://certificacion-competenciasdixitais.xunta.gal/gl/normas
