Listaxes provisionais - probas certificación ComDix Iniciación- Decembro 2026

5Nov

Listaxes provisionais - probas certificación ComDix Iniciación- Decembro 2026

Publicación das listaxes provisionais: Probas de certificación ComDix-Iniciación (Decembro - 2026)

 

En cumprimento do establecido na base Quinta.- Publicación da relación do persoal seleccionado  da RESOLUCIÓN do 06 de agosto de 2026 (DOG nº 165, do 1 de setembro), pola que se anuncian as convocatorias das probas de avaliación para a obtención do certificado galego de competencias dixitais (ComDix) na Rede CeMIT,  e unha vez aplicado o resultado do sorteo público que determina o día, hora e minuto concretos de preinscrición para a asignación das prazas dispoñibles en dita actividade, COMUNÍCASE o resultado da aplicación de dito sorteo entre as solicitudes recibidas: 

 

Resultado de aplicación do sorteo para a probas de certificación (decembro 2026):

 

As prazas adxudicaronse a partir das solicitudes de inscrición realizadas dende o día 27 de outubro de 2026 ás 11:39 horas da listaxe previamente ordenada e continuouse, ata esgotar as prazas vacantes, por aquelas solicitudes ás que corresponderan os seguintes números segundo a orde ascendente da serie numérica, segundo os criterios de seleccion publicados no DOG nº 165 do 1 de setembro)

As persoas seleccionadas provisionalmente recibirán un correo electrónico confirmatorio da súa selección e poderán comunicar o seu desestimento a participar na proba nun prazo de sete (7) días naturais desde a publicación da listaxe provisional (ata o mércores 11 de novembro incluido). Esta renuncia deberá comunicarse a fin de evitar futuras penalizacións por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xunta.es,utilizando o modelo que pode atopar neste link.

No caso de non rexeitala expresamente no citado prazo, entenderase que a persoa seleccionada acepta participar nas probas de certificación para as cales foi admitida provisionalmente, e será matriculada de oficio pola Amtega na localidade, día e hora para a que foi seleccionada, non tendo  que realizar ningunha outra tramitación ata o día do exame.

No caso de existiren prazas libres por renuncias, chamarase da lista de espera ata cubrir todas as vacantes.