Listaxes provisionais - probas certificación ComDix intermedio - Novembro/Decembro 2025

30Out

Listaxes provisionais - probas certificación ComDix intermedio - Novembro/Decembro 2025

Publicación das listaxes provisionais ComDix-Intermedio  (novembro/decembro 2025)

En cumprimento do establecido na base Quinta.- Publicación da relación do persoal seleccionado  da Resolución do 26 de setembro de 2025  (DOG nº 197, do 13 de outubro de 2025), pola que se convocan as probas para a obtención do certificado de competencias dixitais ComDix - Intermedio,  e unha vez aplicado o resultado do sorteo público que determina o día, hora e minuto concretos de preinscrición para a asignación das prazas dispoñibles en dita actividade, COMUNÍCASE o resultado da aplicación de dito sorteo entre as solicitudes recibidas: 

Resultado de aplicación do sorteo para a probas de novembro/decembro 2025:

 

As prazas adxudicaronse a partir das solicitudes de inscrición realizadas dende o día 27/10/2025 as 20:33:41 horas da listaxe previamente ordenada e continuouse, ata esgotar as prazas vacantes e reservadas, por aquelas solicitudes ás que corresponderan os seguintes números segundo a orde ascendente da serie numérica, tendo en conta que teñen preferencia en primeiro lugar os/as solicitantes que posúan o diploma de aproveitamento do curso (equivalente a 10 ECTS) de Competencias dixitais intermedias emitido pola Amtega (segundo os criterios de seleccion publicados no DOG nº 197 do 13 de outubro)

As persoas seleccionadas provisionalmente recibirán un correo electrónico confirmatorio da súa selección e poderán comunicar o seu desestimento a participar na proba nun prazo de dez (10) días naturais desde a publicación da listaxe provisional (ata o luns 10 de novembro, inclusive). Esta renuncia deberá comunicarse por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xunta.gal utilizando o modelo que pode atopar en nesta ligazón, a fin de evitar futuras penalizacións.

No caso de non rexeitala expresamente no citado prazo, entenderase que a persoa seleccionada acepta participar nas probas de certificación para as cales foi admitida provisionalmente, e será matriculada de oficio pola Amtega na localidade, día e hora para a que foi seleccionada, non tendo  que realizar ningunha outra tramitación ata o día do exame.