Listaxes provisionais - probas certificación ComDix Intermedio - Outubro 2026
Publicación das listaxes provisionais: Probas de certificación ComDix-Intermedio (Outubro - 2026)
En cumprimento do establecido na base Quinta.- Publicación da relación do persoal seleccionado da RESOLUCIÓN do 06 de agosto de 2026 (DOG nº 165, do 01 de setembro), pola que se anuncian as convocatorias das probas de avaliación para a obtención do certificado galego de competencias dixitais (ComDix) na Rede CeMIT, e unha vez aplicado o resultado do sorteo público que determina o día, hora e minuto concretos de preinscrición para a asignación das prazas dispoñibles en dita actividade, COMUNÍCASE o resultado da aplicación de dito sorteo entre as solicitudes recibidas:
Resultado de aplicación do sorteo para a probas de certificación (Outubro 2026):
- Listaxe de persoas admitidas provisionalmente e en agarda (días 07-08-09 de outubro)
- Listaxe de persoas admitidas provisionalmente e en agarda (días 14-15-16 de outubro)
- Listaxe de persoas excluídas por ter dúas ou mais solicitudes
- Listaxe de persoas penalizadas por non terse presentado en convocatorias anteriores
As prazas adxudicaronse a partir das solicitudes de inscrición realizadas dende o día 10/09/2026 as 08:18 horas da listaxe previamente ordenada e continuouse, ata esgotar as prazas vacantes, por aquelas solicitudes ás que corresponderan os seguintes números segundo a orde ascendente da serie numérica, tendo en conta que teñen preferencia en primeiro lugar os/as solicitantes que posúan o diploma de aproveitamento do curso (equivalente a 10 ECTS) de Competencias dixitais intermedias emitido pola Amtega (segundo os criterios de seleccion publicados no DOG nº 165 do 01 de setembro)
As persoas seleccionadas provisionalmente recibirán un correo electrónico confirmatorio da súa selección e poderán comunicar o seu desestimento a participar na proba nun prazo de sete (7) días naturais desde a publicación da listaxe provisional (ata o martes 22 de setembro incluido). Esta renuncia deberá comunicarse a fin de evitar futuras penalizacións por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xunta.es,utilizando o modelo que pode atopar neste link.
No caso de non rexeitala expresamente no citado prazo, entenderase que a persoa seleccionada acepta participar nas probas de certificación para as cales foi admitida provisionalmente, e será matriculada de oficio pola Amtega na localidade, día e hora para a que foi seleccionada, non tendo que realizar ningunha outra tramitación ata o día do exame.
No caso de existiren prazas libres por renuncias, chamarase da lista de espera ata cubrir todas as vacantes.
