Resultado do sorteo para a elaboración das listaxes de persoas seleccionadas probas comdix intermedio novembro / decembro 2025

Sorteo. Números saindo o chou dunha caixa.
28Out

Resultado do sorteo para a elaboración das listaxes de persoas seleccionadas probas comdix intermedio novembro / decembro 2025

En cumprimento do establecido na base Cuarta.- Criterios de selección  da RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2025 (DOG nº 197, do 13 de outubro de 2025), pola que se convocan as probas para a obtención do certificado de competencias dixitais ComDix, no seu nivel Intermedio:

1. Para a cobertura inicial das prazas, no caso de que houbese máis solicitudes que prazas dispoñibles, terán preferencia os/as solicitantes que posúan o diploma de aproveitamento do curso (equivalente a 10 ECTS) de Competencias dixitais intermedias emitido pola Amtega.

2. Se existisen máis solicitudes que o número de prazas en cada unha das localidades, as prazas dispoñibles distribuiranse entre as persoas prerrexistradas en tempo e forma. A orde de asignación será o resultado dun sorteo público, que se realizará unha vez finalizado o prazo de inscrición.

Unha vez realizado o sorteo público para a extración do número aleatorio que determina o día, hora e minuto concretos de preinscrición para a asignación das prazas dispoñibles en dita actividade, COMUNÍCASE o resultado de dito sorteo.

 

Resultado do sorteo para a edición das probas de novembro/decembro 2025:

                DÍA / HORA  de INSCRICIÓN:  27/10/2025  20:33:41 horas

 

Se elaborará unha listaxe tomando a data e a hora de rexistro no sistema das persoas participantes e asignarase o número un (1) a primeira persoa solicitante e así sucesivamente ata o último rexistro.

As prazas adxudicaranse en primeiro lugar os/as solicitantes que posúan o diploma de aproveitamento do curso (equivalente a 10 ECTS) de Competencias dixitais intermedias emitido pola Amtega (segundo os criterios de seleccion publicados no DOG nº 197 do 13 de outubro) a partir das solicitudes realizadas dende o día 14/10/2025  da listaxe previamente ordenada e continuarase, ata esgotar as prazas vacantes e reservadas, para aquelas solicitudes ás que correspondan os seguintes números segundo a orde ascendente da serie numérica. 

Unha vez aplicado o resultado do sorteo, as listaxes provisionais de persoas admitidas e en lista de agarda serán publicadas nesta mesma páxina web xoves 30/10/25.

As persoas que resulten seleccionadas provisionalmente recibirán un correo electrónico confirmatorio da súa selección e poderán comunicar a súa desistencia a participar na proba nun prazo de dez (10) días naturais desde a publicación da listaxe provisional. Esta renuncia deberá comunicarse por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xunta.es utilizando o modelo que pode atopar en neste link, para evitar futuras penalizacións.

Unha vez rematado ese prazo sen existir renuncia expresa, as persoas admitidas provisionalmente non terán que realizar ningún trámite e serán matriculadas de oficio, entendéndose que aceptan asistir á proba de certificación no lugar, día e hora na que se anotaron.