Resultado do sorteo para a elaboración das listaxes de persoas seleccionadas - Probas ComDix Intermedio - Abril 2026
En cumprimento do establecido na base Cuarta.- Criterios de selección da RESOLUCIÓN do 07 de xaneiro de 2026 (DOG nº 10, do 16 de xaneiro), pola que se anuncian as convocatorias das probas de avaliación para a obtención do certificado galego de competencias dixitais (ComDix) na Rede CeMIT, no seu nivel Intermedio:
1. Para a cobertura inicial das prazas, no caso de que houbese máis solicitudes que prazas dispoñibles, terán preferencia os/as solicitantes que posúan o diploma de aproveitamento do curso (equivalente a 10 ECTS) de Competencias dixitais intermedias emitido pola Amtega.
2. Se existisen máis solicitudes que o número de prazas en cada unha das localidades, as prazas dispoñibles distribuiranse entre as persoas prerrexistradas en tempo e forma. A orde de asignación será o resultado dun sorteo público, que se realizará unha vez finalizado o prazo de inscrición.
Unha vez realizado o sorteo público para a extración do número aleatorio que determina o día, hora e minuto concretos de preinscrición para a asignación das prazas dispoñibles en dita actividade, COMUNÍCASE o resultado de dito sorteo.
Resultado do sorteo para a edición das probas Intermedio - Abril 2026:
NÚMERO EXTRAÍDO: 1.153
DÍA / HORA de INSCRICIÓN: 24/03/2026 21:41 horas
Se elaborará unha listaxe tomando a data e a hora de rexistro no sistema das persoas participantes e asignarase o número un (1) a primeira persoa solicitante e así sucesivamente ata o último rexistro.
As prazas adxudicaranse en primeiro lugar os/as solicitantes que posúan o diploma de aproveitamento do curso (equivalente a 10 ECTS) de Competencias dixitais intermedias emitido pola Amtega (segundo os criterios de seleccion publicados no DOG nº 10 do 16 de xaneiro) e posteriormente a partir das solicitudes realizadas dende o día 24/03/2026 ás 21:41 horas da listaxe previamente ordenada e continuarase, ata esgotar as prazas vacantes, para aquelas solicitudes ás que correspondan os seguintes números segundo a orde ascendente da serie numérica.
Unha vez aplicado o resultado do sorteo, as listaxes provisionais de persoas admitidas e en lista de agarda serán publicadas nesta mesma páxina web o VENRES 27 de MARZO.
As persoas que resulten seleccionadas provisionalmente recibirán un correo electrónico confirmatorio da súa selección e poderán comunicar a súa desistencia a participar na proba nun prazo de dez (10) días naturais desde a publicación da listaxe provisional. Esta renuncia deberá comunicarse por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xunta.es utilizando o modelo que pode atopar neste link, para evitar futuras penalizacións.
Unha vez rematado ese prazo sen existir renuncia expresa, as persoas admitidas provisionalmente non terán que realizar ningún trámite e serán matriculadas de oficio, entendéndose que aceptan asistir á proba de certificación no lugar, día e hora na que se anotaron.