21Xul
A XUNTA IMPULSA UNHA NOVA EDICION DE TECH KIDS PARA CONECTAR O TALENTO DIXITAL DA MOCIDADE E A APRENDIZAXE INTERXERACIONAL NAS AULAS CEMIT
- O programa "Argallando entre xeracións" promoverá a experimentación con tecnoloxías maker, robótica, impresión 3D, programación e intelixencia artificial entre mozos e mozas de 12 a 18 anos.
- A iniciativa reforza o papel das aulas CeMIT como espazos de innovación, inclusión dixital e cohesión comunitaria, favorecendo a colaboración entre a mocidade e as persoas maiores.
- As actividades desenvolveranse entre o 20 de xullo e o 19 de setembro, con cando menos 12 xornadas formativas e tres sesións de 2,5 horas de duración por aula.
Máis información. Enlace á iniciativa.