A XUNTA PON EN MARCHA UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA “TECH KIDS” PARA IMPULSAR O TALENTO DIXITAL DA RAPAZADA.

Neno montando un aparato tecnolóxico
15Xul

A XUNTA PON EN MARCHA UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA “TECH KIDS” PARA IMPULSAR O TALENTO DIXITAL DA RAPAZADA.

Amtega e o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG)

  • A iniciativa, organizada en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, ten por obxecto poñer en práctica o talento dixital e a capacidade de resolución de problemas ao tempo que desenvolven competencias persoais a través dunha contorna colaborativa.
  • Está dirixida a rapaces e rapazas de 12 a 18 anos, que recibirán formación de deseño en 3D, programación, pilotaxe de drons, ou realidade virtual.
  • Tras as sesións formativas, os participantes abordarán retos tecnolóxicos en equipos integrados por persoas de diferentes xeracións.

Mais información. Enlace a iniciativa