Resultado do sorteo para a elaboración das listaxes de persoas seleccionadas - Probas ComDix Iniciación - Decembro 2026

 

En cumprimento do establecido na base Cuarta.- Criterios de selección  da RESOLUCIÓN do 06 de agosto de 2026 (DOG nº 165, do 1 de setembro), pola que se anuncian as convocatorias das probas de avaliación para a obtención do certificado galego de competencias dixitais (ComDix) na Rede CeMIT   no seu nivel Iniciación, e unha vez realizado o sorteo público para a extración do número aleatorio que determina o día, hora e minuto concretos de preinscrición para a asignación das prazas dispoñibles en dita actividade, COMUNÍCASE o resultado de dito sorteo:

 

Resultado do sorteo para a realización das probas ComDix-Iniciación - Decembro 2026:

                NÚMERO EXTRAÍDO: 156

                DÍA / HORA  de INSCRICIÓN:  27 de outubro 2026  11:39 horas

 

Se elaborará unha listaxe tomando a data e a hora de rexistro no sistema das persoas participantes e asignarase o número un (1) a primeira persoa solicitante e así sucesivamente ata o último rexistro.

As prazas adxudicaranse a partir das solicitudes realizadas dende o día 27/10/2026 ás 11:39 horas da listaxe previamente ordenada e continuarase, ata esgotar as prazas vacantes e reservadas, para aquelas solicitudes ás que correspondan os seguintes números segundo a orde ascendente da serie numérica.

Unha vez aplicado o resultado do sorteo, as listaxes provisionais de persoas admitidas e en lista de agarda serán publicadas nesta mesma páxina web.

As persoas que resulten seleccionadas provisionalmente recibirán un correo electrónico confirmatorio da súa selección e poderán comunicar a súa desistencia a participar na proba nun prazo de sete (7) días naturais desde a publicación da listaxe provisional. Esta renuncia deberá comunicarse por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xunta.es utilizando o modelo que pode atopar neste link, para evitar futuras penalizacións.

Unha vez rematado ese prazo sen existir renuncia expresa, as persoas admitidas provisionalmente non terán que realizar ningún trámite e serán matriculadas de oficio, entendéndose que aceptan asistir á proba de certificación no lugar, día e hora na que se anotaron.