Inicio

Actividades

18 Set
Ponteareas
Exame presencial EMA Teleformación
18 Set
Poio
Reforzo Informática Básica
Formación dixital básica
19 Set
Carballo
FICCIÓN INTERACTIVA
Imaxe, Audio e Vídeo
21 Set
Narón
LibreOffice iniciación
Ofimática
21 Set
Cuntis
A Miña Banca Dixital - fácil e segura_AsociaciónSomosDigital
Internet: Ocio e operacións dixitais
21 Set
Vilasantar
Aprende a usar Google Maps sin complicacións
Dispositivos móbiles

Destacados

Seminarios Scratch Day

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), pon en marcha a XI edición do programa Scratch Day, dirixido a nenos e nenas de entre 7 e 15 anos acompañados dun adulto.

As actividades desenvolveranse entre setembro e outubro nas aulas CeMIT de catro concellos galegos e rematarán o 10 de outubro cunha sesión na Cidade da Cultura.

O programa achegará á rapazada á programación e á robótica mediante actividades prácticas con MakeCode, engrenaxes e a construción dun vehículo intelixente, fomentando a creatividade, o pensamento lóxico e a resolución de problemas. …

cartaz iniciativa
Nova convocatoria de probas de certificación en competencias dixitais - ComDix INTERMEDIO - Outubro 2026

Apertura do prazo de inscrición (do 02 ao 11 de setembro, inclusive)

A  Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abre o  mércores 02 de setembro o prazo de inscrición nas probas de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais - ComDix, no seu nivel INTERMEDIO. 

Con preto de  2.100 prazas en 48 localidades de Galicia, estas probas presenciais terán lugar a mediados do mes de outubro (07-08-09 e 14-15-16).

Solicitude de inscrición

ComDix Intermedio
Finanzas para todos

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Banco de España poñen en marcha unha nova edición de “Finanzas para todos”, unha iniciativa para mellorar a educación financeira da cidadanía e fomentar decisións económicas seguras e informadas.

 

A formación organízase en dous itinerarios de 7,5 horas cada un. O…

Imaxe finanzas para todos
ENREDANDO TOUR AMTEGA

A Amtega e Cruz Vermella desenvolven un ano máis o programa Enredando Tour dirixido principalmente a persoas maiores de 55 anos e a través do cal se realizarán actividades de demostración de tecnoloxías innovadoras e presentes no día a día das persoas como son a realidade virtual, asistentes virtuais e intelixencia artificial; obradoiros cos que sensibilizar, informar e achegar a tecnoloxía á cidadanía en temas como a ciberseguridade e a banca dixital. O programa formativo completarase con apoio dixital puntual co obxectivo…

Iniciativa Amtega
  • 0
  • 1
  • 2
  • 3

Actualidade