Iniciativa Girl STEAM

Programa realizado en colaboración entre a Amtega e o Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) dirixido a mozas e mozos de entre 8 e 15 anos que ten como obxectivo promover a creación de referentes, visibilizar roles e motivar vocacións tecnolóxicas temperás dirixidas ás nenas.

Preténdese con isto espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM a través de obradoiros formativos prácticos, onde aprender e experimentar coa tecnoloxía, coa finalidade principal de fomentar o talento e espertar as vocacións tecnocientíficas.

As actividades desenvolveranse durante os meses de xullo, agosto e setembro. Máis información na web de DigiTalent.

INSCRIPCIÓNS: